Iniciar sesión: Acceso

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA DE PERSOAS ADULTAS

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ENSINANZAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS, BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS E ENSINANZAS NON REGRADAS NO CURSO ACADÉMICO 2022-2023

 Publicación no DOG do 1/8 da Resolución do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022-2023

Artigo12. Prazo de matrícula 

          a) Modalidade presencial

1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

           - O 1 e o 8 de setembro de 2022, ámbolos dous incluídos, para o      primeiro cuadrimestre (Módulos 1 e 3).                 

           - O 9 e o 17 de xaneiro de 2023, ámbolos dous incluídos, para o alumnado de nova                  incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos 2 e 4).

Artigo14. Proba de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuaráselle unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada un dos tres ámbitos de coñecemento (Científico-Tecnolóxico, da Comunicación e Social).

2. Durante os días 9, 12 e 13 de setembro de 2022 e os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2023,  realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de avaliación inicial. Cando fose necesario, a xefatura de estudos establecerá unha nova data ou datas para realizala.

Artigo 15. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023.

2. As ensinanzas do primeiro cuadrimestre impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata a primeira semana de febreiro incluída. As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro e as actividades lectivas rematarán o 21 de xuño de 2023.

3. Con carácter xeral, na modalidade  presencial impartiranse as ensinanzas dos módulos 1 e 3 no primeiro cuadrimestre.

4. O horario semanal é de 18:15 h a 21:30 h de luns a venres, ámbolos dous incluídos, cun recreo de 15 minutos diarios de 19:45 h a 20:00 h.

 

Artigo 9. Solicitude de inscrición

1. O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 h.:

       -Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro           de escolaridade.

       -Declaración responsable de non estar escolarizado            nas mesmas ensinanzas noutro centro.

       -Solicitude de admisión (xunto con fotocopia do DNI).

       -Solicitude de matrícula (xunto con fotocopia da tarxeta sanitaria, dúas fotografías actualizadas tamaño carné e xustificante do abono das taxas (1,12 €)do seguro escolar (só para menores de 28 anos) nas oficinas de ABANCA na conta ES16 2080 3565 7130 4000 7768.

 

 

 

 

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG