INSCRICIÓN E MATRÍCULA NA ESA PARA O CURSO 2021-2022
EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
ESA
CURSO ACADÉMICO 2021-2022
1º CUADRIMESTRE
MÓDULOS 1 E 3
IES VAL DO TEA
PONTEAREAS
PRAZOS SETEMBRO
SOLICITUDE DE ADMISIÓN: do mércores 01/09/21 ao venres 10/09/21 (ámbolos dous incluídos).
Documentación necesaria:
- Impreso de solicitude de admisión debidamente cuberto.
- Historial académico das ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade/ Certificación académica do último curso.
- Copia do DNI.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS: o luns 13/09/21
LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS: o mércores 15/09/21
Todos aqueles admitidos na listaxe definitiva poden pasar a formalizar a súa matrícula.
MATRÍCULA: do xoves 16/09/21 ao venres 17/09/21 (ámbolos dous incluídos).
Documentación necesaria:
- Impreso de matrícula debidamente cuberto.
- Copia da tarxeta sanitaria.
- Xustificante de abono do Seguro Escolar (só para menores de 28 anos) en ABANCA, na conta ES16 2080 3565 7130 4000 7768
- Copia do DNI.
- Dúas fotografías tamaño carné.
A inscrición e matrícula realizaranse nas oficinas do centro de 9:00 a 14:00 horas.