Iniciar sesión: Acceso

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ESO-BACHARELATO)

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 

Está aberto o prazo para a inscrición do alumnado que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 11 de marzo

Alumnado 4º ESO: o alumnado que obteña o título de graduada ou graduado na ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación de competencia dixital. Este alumnado pode presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Quen titule ou supere a proba específica, recibirá a certificación ComDix correspondente. Esta acreditación terá unha validez de 5 anos a partir da data da proposta de título da alumna ou alumno ou da realización da proba específica.

Alumnado Bacharelato: a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1,2,3, e 5 do nivel intermedio. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que un alumno/a obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

O alumnado que desexe participar debe comunicalo ao equipo directivo para proceder á súa inscrición. Este alumnado debe estar matriculado en 4ºESO ou 2º Bacharelato.

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 do nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
  • As probas realizaranse no centro.

 

O alumnado que rematase a ESO nos cursos 2021/2022 ou 2022/2023 pode solicitar acreditación, de ter parcipado nun mínimo de 3 cursos no programa E-Dixgal.

 

 Para máis información, pódese visitar a páxina https://competenciasdixitais.xunta.gal/index.html ou preguntando no propio centro.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG