Iniciar sesión: Acceso

Novas do EDLG

Saída de convivencia á Freixa

O pasado mercores 5 de outubro o alumnado de 1º ESO e 3º PDC participaron nunha saída de convivencia á Freixa organizada polo EDLG e coa colaboración do departamento de Educación Física. As imaxes falan por si soas do ben que o pasaron os participantes!

 

SAMAÍN NO VAL DO TEA

O mes de outubro vén cheo de concursos para o noso alumnado! 

Con motivo do Samaín, poderedes decorar as portas das aulas e participar no concurso "Portas do terror". Tamén podedes engalanar as aulas. A temática deberá ser terroríííífica.

DATA LÍMITE: 27 DE OUTUBRO

Ademais de decorar, "Toca cociñar!". Convidámosvos a participar na II edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:

- Elabora un doce.

- Decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.

- Copia nun papel a receita indicando ben claro os ingredientes que empregaches. Por suposto, EN GALEGO.

- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no papel da receita. (O teu nome só debe sabelo a persoa encargada de recoller os doces).

- O día da entrega será o 28 DE OUTUBRO antes do 1º recreo.

- Durante o 1º e 2º recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán interesantísimos premios!

CONCURSO OUTONO-TEA

RESULTADOS DA ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA 2019/2020

Velaí os resultados da enquisa sociolingüística realizada polo EDLG, en colaboración co alumnado e profesorado de Tecnoloxía.

RESULTADOS ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA 2018-19

Consulta no seguinte enlace os resultados: ENQUISA

A DINAMIZACIÓN NAS REDES SOCIAIS

 

     FACEBOOK         Norma Liza Vaidotea  
  EDLG Val do tea 
       
   TWITTER   @endlvaldotea
       
   INSTAGRAM   @dinamizacionvaldotea

BLOG COUSAS NOSAS

No noso blog terás información moi interesante: Cousas Nosas

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG