Orientación
Boas prácticas de mitigación do cambio climático
Enviado por admin o Ven, 16/02/2024 - 20:22Este xoves, o alumnado de 4º ESO participou na charla do programa A Ponte "Emerxencia climática: boas prácticas educativas de mitigación e adaptación ao cambio climático nos centros educativos".
Que podemos facer nós para colaborar a contrarrestar os efectos do cambio climático? Posiblemente máis do que pensamos!
A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade
Enviado por admin o Xov, 25/01/2024 - 17:25O alumnado de 1º Bacharelato de Artes, Ciencias Sociais e Humanidades participou este mércores nunha charla sobre "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade" da man de Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Decano da Facultade de Humanidades da USC. Esta charla forma parte do programa A Ponte, da USC.
O alumnado recibiu información que moi posiblemente lle resulte de interese para o seu futuro universitario, cada vez máis próximo!
PRAZAS LIBRES EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (MATRÍCULA LIBERADA)
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 20 de xullo ás 9:00 horas ata o día 24 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para máis información, acceder á páxina web:
http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp
Convocatoria extraordinaria da ABAU 2023
Resumo da convocatoria extraordinaria da ABAU 2022 que se celebrará o 11, 12 e 13 de xullo de 2023
CONVOCATORIA OFICIAL ABAU EXTRAORDINARIA
11 – 12 - 13: REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
19: Envío polas persoas responsables do Soporte NERTA ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade.
20–24: Solicitude de “revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 24.
Para máis información, consultar este enlace.
![RSS - Orientación Distribuir contido](/centros/iesvaldotea/misc/feed.png)