Iniciar sesión: Acceso

Novas do Equipo de Igualdade

Encontro telemático cos astronautas da ESA: Sara García e Pablo Álvarez

Que sorte tivemos en participar na charla de Sara Garcia (bióloga molecular) e Pablo Álvarez (enxeñeiro aeronáutico). A Axencia Espacial Europea contará con eles na súa próxima misión. Contáronnos experiencias e curiosidades. Foi unha bágoa non poder facerlles máis preguntas!

A aventura de coñecer os alimentos con Eva Covelo Tizón

Eva Covelo, tecnóloga dos alimentos (e antiga alumna do noso centro) visitou o alumnado de 3º da ESO para desvelar certas verdades, mentiras e mitos da alimentación.
Graciñas por eses datos tan interesarios e necesarios nos nosos días!

Fun with fear, con Matías Daporta

O alumnado de 1 de Bacharelato pasou unha xornada diferente e moi divertida grazas a Matías Daporta. O seu xogo de cartas Fun with fear permitiulles xogar a enfrentarse aos seus medos sexuais.

Visita á exposición "Rexas: Mulleres baixo o terror franquista"

O alumnado de 1ºESO visitou este luns a exposición "Rexas: mulleres baixo o terror franquista", no Museo municipal. Trátase dunha exposición que recolle unha escolma da historia de represión sufrida por 172 mulleres pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e que sufriron vexacións polo feito de ser mulleres. 

    

25N - Día internacional contra a violencia machista

Ao longo desta semana o noso alumnado tivo a oportunidade de participar en distintas actividades relacionadas coa conmemoración do Día contra a violencia machista.

O alumnado de 1º e 4º ESO tivo a oportunidade de ver o espectátulo de danza, teatro e poesía O pano de Raquel L. Cendán.  

O alumnado de 1º Bacharelato asistiu no auditorio municipal á charla de Montse Fajardo sobre "A loita das mulleres no s. XX: 100 anos de conquistas".

  

Iniciativas coma estas son fundamentais para que todas e todos camiñemos cara a un futuro en igualdade e libre de violencias.

 

VISITA DE LUZ FANDIÑO

No mes de setembro estivo connosco Luz Fandiño, protagonista do documental A poeta analfabeta e exemplo de muller loitadora e rebelde. Falou co alumnado de 1º de Bacharelato da súa experiencia de vida e tamén da súa obra.

Velaquí un poema desta autora ao que Ses puxo música e voz no seu disco Liberar as arterias:

Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escravos
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta daqueles
que sobreviven do emprestado
A poeta analfabeta
Poeta dos desherdados
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escarvos.

  

25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A pandemia non impediu que no IES Val do Tea dixéramos NON a VIOLENCIA MACHISTA.

 

  

   

                                

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG