WebTrasancos

SEMANA DE EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACHARELATO XUÑO 2021

 

Este é o Calendario da Semana de Exames Finais Extraordinarios de 2º Bacharelato que vai ter lugar na Aula de Usos Múltiples do centro entre os días 16 e 22 de xuño de 2021.

EXAMES FINAIS CICLOS FORMATIVOS XUÑO 2021

Este é o Calendario de Exames Finais dos ciclos formativos do centro que van ter lugar entre os días 14 e 18 de xuño de 2021:

 

2º FPB Electricidade e Electrónica

1º CM Xestión Administrativa

2º CM Xestión Administrativa

1º CS Administración e Finanzas

2º CS Administración e Finanzas

DATAS DE MATRÍCULA E DE RECOLLIDA DE SOBRES

MATRÍCULA OFICIAL CURSO ACADÉMICO 2021-2022

RECOLLIDA SOBRE MATRÍCULA  PARA O ALUMNADO NOVO DE 1º ESO: DO 21 A 25 DE XUÑO

 RECOLLIDA SOBRE MATRÍCULA PARA O RESTO DE CURSOS: 28 A 30 DE XUÑO

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

-DATAS DE MATRÍCULA:

HORARIO SECRETARÍA DE 09:00 A 13:30

 MATRÍCULA PARA 1º ESO: 28 e 29 DE XUÑO

 MATRÍCULA PARA 1º BACH: 30 de XUÑO

 MATRÍCULA  PARA 2º BACH: 1 e 2 de XULLO

 MATRÍCULA  PARA 4º ESO: 5 de XULLO

 MATRÍCULA PARA 3º ESO: 6 de XULLO

 MATRÍCULA PARA 2º ESO: 7 e 8 de XULLO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022

Importante familias.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

Toda a información aquí

 


 

 

 

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS.ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN. 2021/22

O día 10 de maio precederemos a publicar no taboleiro do centro, a listaxe definitiva do alumnado de nova incorporación ao centro que resultou admitido para o curso 2021/22.

Sobre finais de maio publicaremos datas de matrícula e días de recollida de sobres de matrícula. Permanezan atentos a esta páxina web. 

Un saúdo

 

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO

Hoxe publicamos o listado provisional de admitidos no taboleiro do centro.

Todo o alumnado solicitante de 1º da ESO está admitido.

Todo o alumnado solicitante para 3º da ESO está admitido excepto unha persoa.

Todo o alumnado solicitante para 4 da ESO está admitido 

Todo o alumnado solicitante para 1º de Bacharelato está admitido

O alumnado solicitante para 2º de Bach non está admitido

A lista definitiva será publicada en maio. Avisaremos tamén por este medio.

 

Un saúdo

 

A Dirección

AVISOS DO CENTRO E PUBLICACIÓN DE NOTAS 2º TRIMESTRE

 

Queridas familias e alumnado maior de idade:

Para evitar riscos na curva para os rapaces que chegan ao Bica e Arrinca ou que veñen andando, a partir de mañá, poderán cruzar o paso de cebra e entrar pola verxa vermella do aparcamiento de profesores.

Está solicitada unha acera ao Concello pero levará o seu tempo porque teñen aínda que enviarnos o proxecto para poder solicitala á Xunta.

As notas da 2ª avaliación publicaranse o venres día 26 de marzo PARA TODOS OS CURSOS, ás

11:00 h, no Espazo Abalar. Se algunha nai/ pai/titor legal ten dificultades para acceder á información, poderá solicitar o boletín por correo electrónico ao enderezo do centro:

 ies.terra.trasancos@edu.xunta.es antes do día 24 de marzo ás 16:00 h.

Agardamos que pasedes unhas moi felices vacacións, cuidade a saúde para poder rematar  o curso en condicións.

Unha aperta!

A dirección

 

PRAZO ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS

O prazo de admisión vai do: 1-22 de marzo

Instruccións:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

  2. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

CONCURSO DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS IGNACIO LÓPEZ

Como é habitual no noso centro imos celebrar o Concurso de Presentacións informátcias e audiovisuais Ignacio López Bueno. 

Aquí tedes as bases para que vos animedes a participar!!

BASES DO CONCURSO

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que adxuntamos nesteENLACE e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado no menú:
 
 Solicitudes – Reserva – Crear
 
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
 
Prazo de solicitudes: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
 
 

O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.

SESIÓNS INFORMATIVAS PRESENCIAIS.  21 DE XANEIRO.

DURACIÓN 45 MINUTOS. SÓ SE ADMITIRÁ UN RESPONSABLE POR ALUMNO.

21 de xaneiro ás 16,00:Familias do alumnado de 6º A DE PRIMARIA do Colexio da Gándara.

21 de xaneiro ás 17,00: Familias do alumnado de 6º B DE PRIMARIA do Colexio da Gándara

21 de xaneiro ás 18,00: Famiias do alumnado de primaria que non esté adscrito ao centro pero que queira solicitar praza no noso centro.

21 de xaneiro ás 19,00: Familias do alumnado de Bacharelato de nova incorporción, que veña de centros adscritos ou non adscritos.

 IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ESTUDOS NO NOSO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE DE PRAZA
Distribuir contido