VÍDEO DE FIN DE CURSO. TALENTOS CONFINADOS

Estimadas familias:


Envíolles o enlace ao vídeo de Fin de Curso, está feito con moita ilusión,  que tanta falta fai nestes momentos, e nel participan  alumnado e profesorado do centro, está cheo de sorpresas e sorrisos e tamén está adicado a vostedes como agradecemento pola súa axuda e apoio nestes momentos tan dificiles que pasamos.

Entregaremos premios aos seus fillos, haberá actuacións, humor, despedidas e teñen que velo ata o final porque hai moitas sorpresas. Agardo lles guste.Poden velo hoxe en directo ás 12,30 ou logo en diferido a partir das 13,30.


Enlace ao vídeo

 

 


Desexándolles un feliz verán
A Directora

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

 

As listas definitivas para alumnado de novo ingreso sairán o 26 de xuño ás 13:30 e estarán expostas no taboleiro  do centro.

A matrícula será presencial para todo o alumnado, deberán vir provistos de mascarillas e seguir ás indicacións que lles dará o persoal do centro.

 

RECOLLIDA DE SOBRE DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE ESTÁ ACTUALMENTE NO CENTRO:

Do 25 AO 30 de XUÑO DE 9:00 A 14:00

RECOLLIDA DO SOBRE DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CENTRO:

Do 26 ao 30 de xuño de 9:00 a 14:00

 

PRAZO DE MATRÍCULA: Do día 1 de xullo ata o 10 de xullo en horario de 9:00 a 13:30.

 

-O ALUMNADO DO CENTRO QUE SE VAI MATRICULAR EN 1º OU 2º DE BACHARELATO RECIBIU INSTRUCCIÓNS POR ABALAR ACERCA DA MATRÍCULA.

 

-ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO QUE SE MATRICULE EN 1º DE  BACHARELATO:

 

1 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 4º DE ESO:

 

2 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 3º DE ESO:

 

3 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 1º DE ESO:

 

6 e 7 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 2º DE ESO:

 

 8 de xullo de 9:00 a 13:30

 

 

 

 

 

CIRCULAR FIN DE CURSO

 

 

Estimadas familias:

 

Compartimos diversas información acerca do remate de curso.

 

As últimas actividades do curso rematarán o día 19 de xuño, aínda que o día 18 de xuño terá lugar o Festival Fin de Curso polo que se interrumpirán as clases a partir das 12:10.

 

As notas finais publicaranse na plataforma Abalar o día 25 de xuño ás 11:00, en caso que teñan dificultade para entrar na mesma deberán enviar un correo ao centro:ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. Teñan en conta que a plataforma pode estar saturada durante a mañá e pode darse a posibilidade de que teñan que intentar entrar varias veces. Pedimos teñan paciencia.

 

O Consello orientador entregarase en papel cando veñan entregar o sobre de matrícula.

 

Poderán solicitar revisión de exames previamente, por correo electrónico, o día 25 de xuño de 11:00 a 13:00. Ese mesmo día contestarémoslles pola mesma vía e darémoslles unha cita para o día 26 de xuño entre as 10:00 e as 12:00.

 

O PRAZO PARA FACER RECLAMACIÓN SOBRE AS NOTAS FINAIS COMEZARÁ O DÍA 25 XUÑO ÁS 11:00 E REMATARÁ O DÍA 29 DE XUÑO ÁS 11:00

 

DEVOLUCIÓN FONDO DE LIBROS.INSTRUCCIÓNS

 

 

 

 Os alumnos/as que  recibisen libros en setembro a través do  FONDO DE LIBROS,  e que aproben todas as materias en xuño,  deberán devolvelos entre o 16 e o 30 de xuño.

 


Os libros entregaranse en conserxería, nunha bolsa pechada onde apareza o nome do alumno/a  e os libros que contén ( que serán os devoltos ) e  que deberán coincidir cos prestados en setembro.

Os alumnos que teñan libros prestados pero non aproben todo en xuño, deberán devolvelos todos xuntos en setembro, cando rematen os exames de recuperación de setembro.

IMPORTANTE: Lémbrase que a non devolución de todos os libros prestados supón que o próximo curso non se recibirán libros en préstamo.

 

 

SEMANA DE EXAMES FINAIS DE CICLOS 2020

Semana de Exames Finais de Ciclos terá lugar entre os días 15 e 19 de xuño de 2020.

1º CM Xestión Administrativa

2º CM Xestión Administrativa

1º CS Administración e Finanzas

2º CS Administración e Finanzas

 

Dado que as probas son telemáticas, prestade especial atención aos requisitos necesarios, en cada módulo, para a realización das mesmas.

 

 

A publicación das notas en Abalar será o xoves día 25 de xuño ás 11:00 hO prazo de reclamacións estará aberto entre os días 25 (dende as 11:00) e 29 de xuño (ata as 11:00 h.).

INFORMACIÓN PARA AS PROBAS DE ABAU

Estimadas familias e alumnado, poden atopar información sobre as probas de ABAU nos seguintes enlaces:

-Resumo da convocatoria ordinaria.

-Parámetros de ponderación

-Instrucións alumnado

-Horario de realización de probas

 O lugar de realización da proba está pendente de publicación na páxina da CIUG. Informarémoslles convintemente chegado o momento.

-Protocolo ABAU

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos do CICLO MEDIO E SUPERIOR para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

 

2º CM Xestión Administrativa

2º CS Administración e Finanzas 

Os grupos de 1º curso dos ciclos remataron as clases o venres día 5 de xuño e serán avalíados o día 10. As cualificacións da terceira avaliación publicaranse o xoves día 11 ás 12:00 h.

 

A Semana de Probas Telemáticas e Actividades de Recuperación terá lugar entre o luns día 15 e o venres día 19 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

 

 

 

PLAN DE TRABALLO 8 - 17 XUÑO 2020- FP BÁSICA

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos de FP Básica para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

 

1º FPB Electricidade e Electrónica

2º FPB Electricidade e Electrónica

1º FPB Servizos Comerciais

 

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- BACHARELATO

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos da BACHARELATO para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

1º Bacharelato A- Ciencias

1º Bacharelato B- Humanidades e Ciencias Sociais

2º Bacharelato A 

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- ESO

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos da ESO para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer