Actividades

 

DATAS DE MATRÍCULA CURSO 2022/23

-  ALUMNOS NOVOS PARA 1º DA ESO:

Poden recoller o sobre en Conserxería a partir do día 13 de xuño, e entregalo cuberto o 23 de xuño e o 4 de xullo na Secretaría do centro, de 9:30 a 13:30.


- ALUMNOS QUE PASAN DE 1º A 2º DE ESO, e que xa teñen todo aprobado:

 Poden pasar a partir do día 13 de xuño a recoller o sobre en Conserxería, e entregalo TODO cumprimentado en Secretaría entre os días 20 e o 22 de xuño.

- ALUMNOS que suspenderon algunha e teñen que recuperar estes días (ata o 22 de xuño): deberán entregar o sobre o día 1 de xullo, de 9:30 a 13:30.


- ALUMNOS QUE PASAN DE 2º A 3º DE ESO
 Poderán pasar a recoller o sobre de matrícula en Conserxería entre os días 20 e 28 de xuño. A matrícula deberán facela en Secretaría o dia 30 de xuño e 1 de xullo de 9:30 a 13:30. Lembren cumprimentar todos os documentos e leer todas as especificacións da matrícula.
 
- ALUMNOS QUE PASAN DE 3º A 4º DE ESO

Poden recoller o sobre en Conserxería a partir do luns día 13  e entregalo en Secretaría o día 27 de xuño de 9:30 a 13:30.
Traian todo cumprimentado e lean todas as especificacións da matrícula.

 

- ALUMNOS QUE PASAN DE 4º A 1º DE BACH:

Poden recoller o sobre en conserxería a partir do día 20 de xuño e entregalo en Secretaría o día 28 de xuño de 9:30 a 13:30, lembren traer todo debidamente cumprimentado e leer as especificacións da matrícula.
 
- ALUMNOS QUE PASAN DE 1º A 2º DE BACH

Entre os días 15 e 27 de xuño  poden pasar a recoller o sobre da matrícula en Conserxería, e deberán entregalo debidamente cumprimentado en Secretaría, o día 29 de xuño de 9:30 a 13:30 (hora de peche).
 

 

CONVOCADAS AXUDAS PARA O FONDO DE LIBROS

Queridas familias, 

xa está convocada a orde pola que se regula a petición do fondo de libros para o curso 2022-23.

Poden presentalo no centro cos anexos correspondentes ou ben na sede electrónica na aplicación FONDOLIBROS

PRAZO LÍMITE DE PRESENTACIÓN: 22 DE XUÑO

Poden consultar todo neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

A dirección

XV CONCURSO "IGNACIO LÓPEZ BUENO" -- PROCLAMACIÓN DE GAÑADORES

O xurado do concurso vén de resolvelo outorgando os seguintes premios:

 

Poden ver os traballos premiados na aula virtual, e consultar a acta na seguinte ligazón.

I Concurso STEMeme

Os departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía do IES Terra de Trasancos, en colaboración coa Dirección do centro, invitan ao alumnado do IES a participar na primeira edición do Concurso STEMeme, centrado na creación de memes de temática científica e tecnolóxica.

Poden acceder ás bases do concurso nesta ligazón.

 

ALUMNADO ADMITIDO DEFINITIVO

Ao non haber reclamacións á listaxe provisional de admitidos esta listaxe xa sería a definitiva de admisión ao centro

 

A dirección

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe PROVISIONAL de admitidos para o curso 2022-23.

a LISTAXE DEFINITIVA publicarase en maio.

 

Un saúdo

 

A directora

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-23

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes de admisión para o ano académico 2022-2023, comunícase que houbo máis solicitudes que prazas ofertadas para PRIMEIRO DE ESO.

A listaxe provisional sairá o día 22 de abril, e será publicado nos taboleiros interiores do centro e tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta, con certificado dixital ou chave 365.

O alumnado de Bacharelato que solicitou praza está admitido na súa totalidade.

Un saúdo

A dirección

XXVIII SEMANA VERDE - 2022

A Dirección do IES Terra de Trasancos quere convidalos a participar na XV Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno". Nesta edición traballaremos sobre "O Vidro", establecido como tema do Ano Internacional de 2022 por Nacións Unidas a proposta de España.

Cartel XV edición Concurso "Ignacio López Bueno"

Poden consultar de descargar as bases do concurso nesta ligazón.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer