PRAZAS VACANTES A 28 DE FEBREIRO DO 2024 NO IES TERRA DE TRASANCOS:
1º ESO: 11
2º ESO: 17
3º ESO: 0
4º ESO: O
1º BACH CIENCIAS: 5
1º BACH HUMANIDADES: 6
2º BACH CIENCIAS: 13
2º BACH HUMANIDADES: 5
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis no centro(modelo na parte esquerda da páxina) ten que estar solicitado no primeiro lugar de preferencia.
Ou Poden facer a admisión entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
DATAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES :1-20 de marzo.
1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.
2. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
3. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
4. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
5. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
6 Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
7. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano: No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que 3/3 imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar no buscador de centros da páxina edu.xunta.es https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer