![]() |
![]() |
![]() |
RECOMÉNDASE O NAVEGADOR MOZILLA FIREFOX EN WINDOWS E SAFARI EN MAC
Información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
Preme na imaxe para ver ampliado o cadro de vacantes ofertadas polo noso centro para o vindeiro curso 2022-2023
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
➢ DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
➢ ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)
➢ ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
➢ ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
1. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Estimad@ soci@:
A ANPA do IES SANXENXO convoca a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que celebraremos o MARTES 22 DE NOVEMBRO de 2022 as 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda convocatoria no Instituto coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
2.- Estado económico 2021/22 e aprobación, se procede.
3.- Informes da presidenta, de xestións e actuacións varias.
4.- Propostas dos pais/nais de actividades e xestións.
5.- Rogos e preguntas.
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Estimad@ soci@:
A ANPA do IES SANXENXO convoca a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que celebraremos o MARTES 22 DE NOVEMBRO de 2022 as 20:15 horas en primeira convocatoria e as 20:45 en segunda convocatoria no Instituto coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Eleccións dos membros da Xunta directiva.
Dada a importancia dos temas a tratar prégoche que non faltes, ao mesmo tempo que aproveitamos a ocasión para saudarche cordialmente.
Sanxenxo, 15 de novembro de 2022
Contactos ANPA IES SANXENXO
Telf. 667 412 261 - 646 166 181 - 649 268 901
O IES SANXENXO está integrado no proxecto EDIXGAL nos catro niveis educativos que imparte. Todo o material didáctico se proporciona ao alumnado a través da plataforma dixital EVA. As materias de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA (nos catro niveis) e LINGUA GALEGA E LITERATURA (en 3º e 4º[neste nivel existe un banco de libros no centro que será distribuído ao comezo do curso polo que, recoméndase esperar ao comezo do curso para mercalo]) NON ESTÁN DENTRO DO PROXECTO EDIXGAL. As familias terán que adquirir o libro de texto que aparece na listaxe de libros de texto para o curso 22/23 á que se pode acceder DENDE AQUÍ
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN: (preme aquí para ver o calendario de actuacións)
O prazo para presentar as solicitudes no centro será do 27 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas.
So poderán presentar solicitude aquel alumnado que foi proposto para cursar FP Básica por cada un dos equipos docentes nas sesións da terceira avaliación.
2. DOCUMENTACIÓN QUE A FAMILIA DEBE ENTREGAR NO CENTRO PARA A MATRÍCULA:
1.DOCUMENTO OFICIAL DE IDENTIDADE, DNI OU NIE.
2.DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO: (preme aquí para descargar o documento)
O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.
3.SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: (preme aquí para descargar a solicitude)
Faranse constar dous ciclos de grao básico por orde de preferencia e outros dous que serán de reserva no caso de non obter praza en ningún dos dous primeiros.
Unha vez rexistrada a solicitude polo centro, entregaráselle a familia un resgardo de solicitude (código de solicitude único e código persoal de consulta), que será entregado, selado e datado, á persoa solicitante ou ás súas persoas representantes, como documentación acreditativa da presentación da solicitude. O código de solicitude e o código persoal de consulta deste resgardo permitirán un acceso individualizado das persoas solicitantes aos seus datos persoais no proceso de admisión. Tamén permitirán a consulta das listaxes públicas, xa que non poden conter datos de identificación.
Os resgardos da solicitude deberán ser asinados pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
4. CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia.
3. LISTAXES E INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso poderá dirixirse á páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp onde se publicarán as listaxes correspondentes ou ben ao seu centro de orixe, ou a aquel en que se lle asigne praza. Estas listaxes terán efectos de comunicación para as persoas participantes.
O día 8 de xullo publicarase a listaxe provisional de persoas propostas para a incorporación ás ensinanzas de formación profesional básica coa información das solicitudes. Os centros de orixe comprobarán a corrección da información publicada e terán ata o día 12 de xullo ás 14.00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias.
O día 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes coa información das solicitudes que se empregará para realizar a asignación de prazas.
O mesmo día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.
Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar desde o día 20 ata o día 22 de xullo, ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados, a correspondente reclamación.
Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no caso dos centros públicos, ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.
Logo de publicada a listaxe do alumnado admitido, a comisión de escolarización autorizará os centros para comunicar co alumnado e realizar as correspondentes matrículas, tanto das persoas que teñan praza asignada como daquelas ás cales lles sexa asignada pola comisión de escolarización en adxudicación subsidiaria. Para estes efectos empregarase a aplicación informática CiclosAdmisión.
A partires de mañá xoves 19 de maio e ata o 22 de xuño (incluído) estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de axuda de material escolar para o curso 22/23. Aquí tendes un resumo da:
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e materialescolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23
Artigo 3. Renda per cápita da unidade familiar
1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.
Artigo 4. Membros computables da unidade familiar
1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.
c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado(ED330B-anexo I e anexo II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Artigo 11. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |