Curso 2014-2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Entrevista de Fernando Búa á súa avoa Peregrina (Gina) Bouzada Montes
(costureira daquelas que ían de casa en casa coa súa máquina de coser).
Premer na imaxe para escoitar a entrevista.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO celebrouse no noso centro, entre outras actividades, un concurso de chíos (tuits) sobre o tema da violencia de xénero, co seguinte resutado:
1º PREMIO : CELIA RODRÍGUEZ VILLAVERDE (4ºB) "Se apagaches o seu sorriso, apagaches a túa dignidade."
2º PREMIO: PAULA BALBOA OTERO (4ºA) "Se te cres superior a ela, estás por debaixo da superficie da Terra"
Mª José Iglesia (Encargada da Biblioteca), Cristina Loureiro (Profesora de Lingua Galega) e Severino Amado (Xefe do Departamento de Dinamización e Normalización Lingüística) entregando o primeiro premio a Celia Rodríguez Villaverde.
Severino Amado (Xefe do Departamento de Dinamización e Normalización Lingüística) entregando o segundo premio a Paula Balboa Otero.
Outros chíos interesantes que resultaron finalistas no concurso foron:
“Se un home lle pega a unha muller deixa de ser home” Diego Méndez Rey 1ºB
“A violencia non é de intelixencia” Ángel García Paredes 1º C
“Sen maltrato e con amor todo poderá ser mellor” Lucas Kergan Martínez 1ºC
“Gústache maltratar? Ponte no seu lugar” Alejandro Rey Santos 1ºC
“Se es maltratador deixas de ser persoa. Ponlle freo á violencia de xénero, non deixes que avance. STOP! Detente a pensar!” Carmen Sanmartín Fraga 2ºA
“Ela loita polo seu traballo, loita pola súa familia, loita polos vosos fillos, loita polo que ela cre, pero non debería ter que loitar na vosa casa” Pablo Crespo Poceiro 2ºB
“Se es machista a túa conciencia non está tranquila” Gonzalo Gómez Sueiro 3ºA
“O maltrato non é a solución, co diálogo arránxase todo” Ana Eirabella Torres 3ºB
“Imaxina que é a túa nai e que ti es o que a fai sufrir cada día da súa vida” “Imaxina que é a túa nai e que ti es o que a fai sufrir cada día da súa vida” 3ºB
“Mírate a un espello e dime o que pensas, porque se necesitas maltratar e facer que as mulleres se sintan inseguras, o inseguro es ti” Mónica Justo Fontán 3ºC
“Só os covardes sodes valentes coas vosas mulleres. Non lle fagas dano á persoa que te quixo dende un principio” María Cacabelos Escudero 4ºA
“Que gañas maltratándoa? Nada. Que gañas queréndoa? Moito. Se o pensas, o único que fas é perder o que tiñas” María Durán Cal 4ºA
“Sinto que só sexas escoria humana, quizais aínda poidas ter unha segunda oportunidade, ou igual xa só es unha existencia desperdiciada” Pablo Ferreira Martínez 4ºA
SORTEO VIAXE FIN DE CURSO ALUMNADO DE 4º DA ESO
D. Jorge Rodríguez, xefe do departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias,
facendo entrega da CESTA DE NADAL ao posuidor do boleto premiado.
Videoconferencia con Fernando Abilleira
Fotografía da Voz de Galicia
Información no diario La Voz de Galicia
Información no diario El Faro de Vigo
MOCIDADE ON LINE
No curso pasado, a Consellería de Educación e O.U., xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e outras institucións, desenvolveron o programa Mocidade On Line, para estudar o uso de internet e as novas tecnoloxías entre os estudantes galegos. No terceiro trimestre os alumnos e alumnas do noso centro contestaron de xeito anónimo e a través da rede unha enquisa para valorar a situación no noso instituto. A consellería enviou os seguintes resultados.