INSTRUCCIÓNS E ASIGNACIÓNS DE AULAS PARA AS PROBAS PRESENCIAIS DE SETEMBRO (Actualización ao 06/07/21)

ADAPTACIÓN DAS PROBAS PRESENCIAIS DA COVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRRO Á NOVA SITUACIÓN POLA COVID-19 (Actualización ao 06/07/21)

Para a realización das probas presenciais de setembro todo o alumnado deberá levar a máscara posta ademais de traer unha de reposto e un bote de xel hidroalcólico persoal así como o material de traballo propio, bolígrafos, calculadora, compás, regras, portátil... que sexa necesario para cada proba, non se permite o préstamo de material escolar desde o centro e tampouco entre o alumnado, polo que o non cumprimento destas medidas será causa para a non realización da proba.

Unha vez finalizado o exame o alumnado deberá limpar e desinfectar o seu posto de traballo.


Para axilizar as entradas e saídas do centro e evitar aglomeracións no exterior do mesmo o alumnado e as familias deberán ler os documentos adxuntos para acceder directamente á aula que teña asignada en función da proba.

Para acceder a toda a información preme sobre a imaxe:


VIDEO DA CHARLA "EDUCACIÓN A DISTANCIA-ESCOLA DE FAMILIAS"

Preme sobre a imaxe para acceder ao contido da videoconferencia sobre a "Educación a Distancia" para 1º e 2º da ESO, impartida pola profesora Dna. Ana Mascato Bea.

Os contidos son os mesmos que os tratados na videoconferencia de 3º e 4º da ESO pero adaptados ao EVA. No caso da Aula Virtual do centro empregamos o mesmo programa en distintas plataformas polo que, a información contida no vídeo tamén é de utilidade para estes cursos.

Agradecer, dende o centro, a participación das familias e o seu interese

AVISO IMPORTANTE DA ANPA DO IES SANXENXO!!!

Estimad@s nais e pais,

Na última reunión da xunta directiva da Anpa decidimos que dadas as dificultades económicas que atravesan moitas familias NON COBRAREMOS COTA PARA DARSE DE ALTA DE SOCIO este ano. Para a realización de actividades utilizaremos o remanente existente doutros anos.

Respecto o seguro da Anpa vos informamos de que debido ó incremento da renovación da póliza o custo pasa a ser de 12 euros por neno/a.

No mes de setembro poñerémonos en contacto coas familias que xa fixeron o ingreso da cota para facerlles a devolución.

Con motivo do novo curso académico pedímosvos que colaboredes facéndovos socios e vos invitamos a que participedes activamente na ANPA plantexando as vosas inquedanzas e propostas de mellora.

 

A ANPA do IES Sanxenxo

 

A causa do COVID-19 para facervos socios ou contratar o seguro da ANPA premede no link.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdoBBIaj8neVB5YOgK3I2WOoIrfMB74gIO44n1tBMI9bdX23Q/viewform?usp=sf_link

Powered by Drupal - Design by artinet