Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Nova estrela no paseo da fama do IES San Tomé

Para dar remate ao curso académico, pasou a integrar o Paseo da fama o noso compañeiro Fernando Lillo, autor de múltiples obras de divulgación das culturas latina e grega e habitual conferenciante sobre eses temas. Benvido ao ilustre chan.

Festival da Francofonía celebrado en Vilanova de Arousa

Grazas á iniciativa da profesora Monique Otero do departamento de francés o pasado 9 de maio alumnado de 2º ESO de primeiro idioma e de 3º ESO de francés participou no festival da Francofonía celebrado en Vilanova de Arousa. Nesta xornada alumnado dunha quincena de centros de Galicia, cun total duns 1100 participantes, xuntáronse no pabellón multiusos da vila para interpretar cancións en francés preparadas de antemán co seu profesorado na aula. O noso alumnado de 2ºESO participou co Le coeur holliday de Mika e Soprano e o alumnado de 3ºESO con dous temas: Y’a plus de saison, de Amélie les crayons e Je veux de Zaz. Ver fotos

Matrícula alumnado para o curso 2023-2024

Preme na seguinte ligazón e accede a toda a información

22-23 Matrícula alumnado para o curso 2023-2024

Atención ⚠️ O alumnado novo no centro pode pasar a recoller os sobres de matrícula ☞ Conserxería do instituto

 

Canutillos de papel: Resistencia para cargas de 100 Kg+

 

O alumnado de 2º ESO, para a materia Tecnoloxía, construíu estruturas trianguladas feitas con canutillos de papel que soportaron pesos de máis de 100 Kg forza.

Na entrada do instituto puxéronse ao dispor da comunidade educativa para probar estas estruturas. 

Profesores e alumnado puideron subirse e comprobar a resistencia

¡A estrutura soporto a peso sen problemas!

  

 

Clica no ligazón para ver máis fotos e vídeos. No vídeo saltan!

Hóckey herba da man do clube "Vigo Stick"

Representantes do "Vigo Stick" pasaron polo centro para dar a coñecer este deporte e presentar as actividades de este clube de recente creación. 

O hóckey herba é un deporte colectivo que ten a súa orixe en Inglaterra e que se xoga sobre herba natural ou artificial. É un deporte moi dinámico e emocionante que require habilidade, velocidade e precisión. O obxectivo do xogo é marcar máis goles que o equipo contrario. Unha das principais características do hóckey herba é que se xoga en equipo, o que fomenta o traballo en conxunto, a cooperación e a comunicación entre os xogadores. Esta dinámica fai que os participantes aprendan a confiar uns nos outros e a desenvolver habilidades de liderado e colaboración. Ademais, o hockey herba require un bo nivel de condición física, xa que os xogadores deben ser rápidos e ter resistencia para moverse polo campo de xogo e participar activamente no xogo. Isto promove un estilo de vida saudable e activo na xuventude, axudando a mellorar a súa saúde cardiovascular e a súa forma física en xeral.

A práctica do hockey herba tamén desenvolve habilidades técnicas como o control do balón, o pase preciso e o golpeo. Estas habilidades poden ser transferidas a outros aspectos da vida, como o traballo en equipo no ámbito educativo ou laboral, ou a toma de decisións rápidas e precisas. Ademais, o hockey herba é un deporte inclusivo, xa que pode ser xogado por homes e mulleres de todas as idades e habilidades. Isto fomenta a igualdade e o respecto entre os xogadores, promovendo un ambiente de inclusión e diversidade.

En resumo, o hockey herba ten unha gran influencia positiva na xuventude, tanto a nivel físico como a nivel persoal. Fomenta valores como o traballo en equipo, a disciplina e a superación persoal. Ademais, axuda a mellorar a condición física e a desenvolver habilidades técnicas. É un deporte que promove a inclusión e a igualdade, contribuíndo ao crecemento e ao desenvolvemento dos xóvenes.

Máis fotos da actividade

Exposición de lapiseiros de 2º ESO: Un Vistazo Creativo e Educativo

A exposición de lapiseiros foi unha actividade educativa na que o alumnado de 2º ESO presentaron os seus proxectos feitos no taller de tecnoloxía, mostrando a súa creatividade e habilidades técnicas.

Ademais, a exposición brindou á comunidade educativa a oportunidade de apreciar e valorar o traballo do alumnado, fomentando un ambiente de colaboración e respecto mutuo!

FOTOS

Concurso europeo "Big Challenge"

 

Outro ano máis participamos no concurso europeo Big Challenge. Aquí están o gañador e as gañadoras dos distintos cursos. De esquerda a dereita: Valentina Mangana de ESO4, Sabela Fernández de ESO1, Marta Ayres de ESO2 e Javier González de ESO3. Parabéns!

Xornada de Portas abertas

A Xornada de Portas Abertas, organizada polo Departamento de Orientación, comezou no salón de actos cun dircurso de benvida da directora Mª del Carmen Vélez, seguido dunhas palabras da orientadora Manoli del Palacio. Máis tarde o alumnado, repartido en catro grupos, percorreu o instituto da man de alumnos e alumnas de 4º ESO (o noso agradecemento a todos eles: Bruno, Candela, David, Enma, Julia, Natalia, Sara e Tiago). Durante o paseo polas nosas instalacións visitaron as aulas específicas e o resto das instalacións do noso centro.

Foi unha delicia recibilos, esperamos que gozaran da xornada e que esta actividade lles axude para a súa integración no San Tomé o vindeiro curso.

 

Fotos