Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

O IES San Tomé en busca dun futuro sostible!

O alumnado de 1º da ESO ponse as pilas na xestión sostible de residuos e apúntase os tres R a través dunha sesión formativa realizada por SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente).

Activación da conta @santomevigo.net

Primeiro acceso á conta do instituto
  • O titor ou titora do teu grupo farache entrega dun documento no que figurará o teu usuario e contrasinal. Este contrasinal debe ser cambiado no primeiro acceso.
  • En arquivo adxunto atoparás un videotitorial de uso que facilitará o teu primeiro acceso.

Semana branca en Andorra. Curso 2021-22

Actividade desenvolta polo alumnado de 3º ESO. Fai click aquí para acceder ás fotos da viaxe 

 


 

Novas do departamento de Francés: Resultados dos exames DELF e bolsas do concello de Vigo

Boas novas!! No departamento de francés do instituto estamos de celebración! Xa temos os resultados dos exames DELF que expide o Ministerio de Educación francés.  E como vén sendo habitual, cuns resultados magníficos. Nesta ocasión o 100% do noso alumnado presentado certifica o nivel B1 ou o B2. No instituto ademais de preparalos para estas probas, somos centro examinador para a cidade de Vigo e a  súa contorna. E grazas a un acordo entre a Xunta de Galicia e a Alliance Française,    o custo destas probas está en parte sufragado polo goberno autonómico.


 

Pero, as boas novas, din, nunca veñen soas. Hoxe mesmo fíxose público a nova oportunidade que terá o alumnado de francés de aproveitar as bolsas para mellorar   o seu nivel de coñecementos en francés que outorgará proximamente o Concello de Vigo, do mesmo xeito que ven facendo, desde hai anos, co inglés. Unha iniciativa dunha profesora que pasou polo noso centro e que foi apoiada de xeito activo polo profesorado do noso departamento.


 

 

Aquí podedes ver a Begoña Montenegro (a impulsora desta iniciativa), a nosa compañeira Monique e outras dúas profesoras reunidas co Alcalde.

Para máis información podedes premer no enlace e ler a noticia no xornal: Enlace

Hábitos saudables

Proposta de hábitos saudables elaborada polo alumnado de 3º ESO PMAR no ámbito científico-matemático como producto final da súa investigación sobre os hábitos e estilos de vida da poboación. 

 

 

Observatorio sobre a pobreza

Observatorio sobre a pobreza no IES San Tomé no cal participaron os departamentos de Xeografía e Historia, Relixión e Filosofía.

 


 

INTERCAMBIO A FRANCIA CO LYCÉE FÉNELON DE CLERMONT-FERRAND CURSO 21-22

Logo do parón debido á pandemia, este ano puidemos por fin retomar o intercambio. Nesta volta viaxamos a Francia cun grupo de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de BAC. Durante o percorrido de ida visitamos as covas de Lascaux e a vila de Sarlat-la-Canéda. Logo o alumnado foi recibido polos seus "corres" e as súas familias cos que conviviron durante uns días nos que tamén aproveitamos para visitar a cidade e a contorna. Nesa mórea de actividades, fumos ver curtametraxes, volcáns, igrexas, o museo Michelín... e ata fixemos un anaco de camiño de Santiago. 

Na viaxe de volta, aproveitamos e fixemos dúas paradas para coñecer Avignon e Carcassonne. 

Foi unha experiencia formidable segundo os propios protagonistas contaran no artigo del que foron protagonistas nun xornal local, onde mesmo fomos portada! 

Unhas semanas despois, recibimos ao alumnado francés que aproveitou con moitas visitas e actividades a súa viaxe. Entre todos, voltamos a vivir experiencias ilusionantes e formativas que dan sentido ao esforzo que pola aprendizaxe do francés fai o noso alumando. 

Logo do éxito de esta edición, xa estamos traballando para organizar a próxima!

Premer aquí para ver todas as fotos

 
 
 


Entrega de premios do concurso europeo de inglés "Big Challenge" 2022

De esquerda a dereita

Mar Palma Moldes (gañadora de ESO3), Uxía Fernández López (gañadora de ESO2 e mellor puntuación do instituto), Adrián Polo Rivera (ganador de ESO4) e Inés Otero Santamaría (gañadora de ESO1). Noraboa a tod@s.