Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

POSTA A PUNTO DA HORTA SAN TOME!

O departamento de bioloxía e alumnado de 1ºESO pon a punto a horta realizando unha plantación de diferentes especies vexetais como plántulas de tomates, cebola, leituga e fresas. A finalidade do proxecto é concienciar ao alumnado na sostenibilidade, no coidado do medio ambiente, e na práctica de hábitos alimentarios saudables.

Fotos

VISITA UVIGO

O Departamento de Orientación organizou á visita á Unversidade de Vigo. O alumnado percorreu as facultades de Filoloxía, Traducción  e Interpretación, Económicas, Dereito e as Enxeñerías de Minas eTelecomunicacións.

Ver fotos

O IES San Tomé co medio ambiente e a xestión sostible de residuos!

Alumnado de 1ºESO colocando o composteiro e contenedores para a separación dos residuos.

Ver máis fotos

Concurso Cambiemos o Conto

As alumnas Nerea Silva Lorenzo de 1º Bacharelato  e Nadía-Lía Fernández de 2ª Bacharelato gañaron o 1º e o 2º premio de Bacharelato do concurso  “Cambiemos o conto”. 

O concurso celebrouse en xaneiro co obxectivo de incentivar entre a mocidade o pensamento crítico, sensibilizala na igualdade e na loita contra as violencias machistas e fomentar a súa creatividade. 

A recollida dos premios foi no Pazo da Deputación, o día 14 de marzo en Pontevedra, día no que acudiron acompañadas dos seus compañeiros.

Fotos

Alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á representación da obra Pirolíticos, de Mofa e Befa.

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu o pasado 10 de marzo á Sala Ártika á representación teatral da obra Pirolíticos, do grupo Mofa e Befa. Foron 90 minutos de sketchs, ou petiscos, como eles lles chamaron, que abordaron o feminismo e propuxeron unha reflexión social e persoal sobre o tema valéndose da ironía e o humor. 

 Aquí tes máis fotos

 

 

CONCURSO PILABOT

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio  Vivenda da Xunta de Galicia, en colaboración cos Xestores de pilas autorizados na Comunidade - Ecopilas, ERP e Ecolec-, levou a cabo a cuarta edición da campaña para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Nesta ocasión, a iniciativa levouse a cabo en 150 centros educativos de primaria e secundaria en Galicia.

No noso centro educativo, o IES San Tomé de Freixeiro, o alumnado de secundaria, xunto coa profesora de Tecnoloxía, Luísa Alonso Costoya, como coordinadora do proxecto no centro, temos participado no concurso PILABOT, que comezou o 12 de xaneiro e tivo unha duración de 6 semanas lectivas co obxectivo de recoller o maior número de pilas e baterías para o seu posterior tratamento e reciclaxe. O concurso finalizou o 28 de febreiro e, grazas ao esforzo realizado por todos os participantes, temos logrado recoller un total de 305 kg de pilas e baterías usadas. Este è un logro importante que contribúe a reducir o impacto negativo que estes residuos teñen sobre o noso entorno e a nosa saúde.

É  importante salientar que o concurso PILABOT continúa ata o 14 de abril para todos os centros participantes e, no mes de maio, entregaranse os premios aos gañadores. Esta iniciativa é unha excelente oportunidade para fomentar a educación ambiental e a conciencia sobre a importancia de reciclar e reducir o impacto negativo que xeramos no noso entorno.

Premer para ver fotos

O IES SAN TOME CONMEMORA O 8M

O Departamento de Orientación fai visible, grazas á colaboración de Cruz Vermella, a importancia da violencia machista. O noso lema é "Non escales a pirámide da violencia, mantén os pes no chan”. Tamén se fai ver a importancia de ter en conta a todas as mulleres mediante unha actividade sobre o novidoso concepto da "interseccionalidade"

 

Preme aquí para ver máis fotos

Atelier crêpes

O pasado 23 de febreiro o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade organizada polo departamento de francés aproveitando a cercanía das datas do Entroido. Nesta época é habitual facer e comer as crêpes e les fixeron o mesmo d aman de Jérémy e o seu food truck. Primeiro asistiron a unha expliación sobre o orixe das crêpes e da rexión da Bretaña, da que son orixinarias, ademais do propoio Jérémy. Logo fixeron un xogo de rol e pideron e consumieron os doces. Tamén tiveron a oportunidade de subir ao camión e de cociñar a súa propia crêpe. Unha forma divertida e deliciosa de praticar a lingua francesa e aprender. 

Premede aquí para ver máis fotos