Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Plan Proxecta+ 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participou no programa Consumópolis incluído no plan Proxecta+ 2022/23 coordinado pola profesora de tecnoloxía Luisa Alonso e en colaboración cos tutores deste curso.

Consumópolis é un concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida, promovido polo Ministerio de Consumo e organizado na Comunidade Autónoma polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A participación no concurso materializouse a través das actividades que o alumnado desenvolveu na cidade virtual de Consumópolis (premer no enlace) na primeira parte, e na segunda parte elaboraron un vídeo dun traballo colaborativo en equipo.

Un total de 6 equipos pasaron á fase do concurso autonómico, 3 equipos de 2º ESO E, un equipo de 2º ESO B, un de 2º ESO PMAR e un de 2º ESO A. 

Desexámoslles moita sorte na eliminatoria!

FOTO

 

Excursión a Muros

O pasado 5 de maio de 2023, os/as alumnos/as de 2º ESO realizaron unha excursión pola zona de Muros, A Coruña, organizada polo departamento de tecnoloxía.

Despois de asistir á exhibición como apoio ao equipo que participou na 2ª edición da Liga Maker Drone, realizaron un percorrido pola costa da morte. Visitaron A Fervenza do Ézaro, o Hórreo de Lira e remataron dándose un baño na praia de San Francisco en Muros.

Foi unha xornada emocionante e enriquecedora na que os estudantes puideron gozar dunha natureza impresionante. A Fervenza do Ézaro sorprenderon a todos co seu impresionante caudal de auga, creando un espectáculo natural impresionante. A visita ao hórreo de Lira permitiulles coñecer e apreciar a arquitectura tradicional galega, un símbolo da nosa cultura.

Para rematar a excursión, os alumnos puideron relaxarse e desfrutar dun mergullo na praia de San Francisco en Muros. A auga cristalina e a beleza da praia fixeron deste momento unha experiencia inesquecible.

Foi un día cheo de aprendizaxe, diversión e conexión coa nosa contorna natural.

FOTO

Matemáticas con M de muller

O alumnado de 2º B PMAR e de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º Bach elaborou un cartel sobre algunhas das matemáticas máis relevantes ao longo da historia, co gallo do Día Internacional das Mulleres Matemáticas.

O obxectivo desta actividade é dar visiblidade ao papel das mulleres nas matemáticas e así ofrecer referentes femininos ao noso alumnado (premer na foto)

O IES San Tomé apúntase á compostaxe

Do 10 ao 23 de maio temos no noso IES a exposición itinerante Apúntate á compostaxe! do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que se inclúe dentro do Contrato Programa Innova-Sostenibilidad concedido o presente curso e coordinado polo departamento de bioloxía e xeoloxía.

Na exposición móstrase a gran importancia que ten hoxe en día a xestión selectiva de residuos e a compostaxe como práctica activa da sostibilidade.

Fotos

Os alumnos de PMAR visitaron dous centros educativos da contorna (EEI Vilalaura e EI O Castro)

O alumnado de PMAR xunto coa súa profesora Soraya visitaron dous centros educativos da contorna (EEI Vilalaura e EI O Castro) para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ler e que lles lean. Con este obxectivo adaptaron un conto infantil que explica a lenda de San Jordi e, ademais de narralo, crearon hologramas que deixaron aos máis cativos impresionadas. Parabéns polo voso traballo! Seguide así!

Fotos

Alumnos do IES San Tomé aprenderon a voar un dron

Nove alumnos de 2º ESO do IES San Tomé modificaron e aprenderon a voar un dron en tan só cinco meses.

Ler o artigo

 

PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago" curso 2022-23

Os días 3 e 4 de maio o alumnado de 4º da ESO acompañados polos profesores Xosé Álvarez e Mateo Carrera desprazáronse ao Cebreiro (Camiño de Santiago ) para comezar unha ruta de 48 horas rematando no Mosteiro de Samos. A viaxe organizada polo EDLG do IES San Tomé de Freixeiro foi patrocinada polo PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago “ curso 2022-23 . O alumnado visitou no Cebreiro unha Palloza-museo, a igrexa e o conxunto da aldea. Pola tarde dese mesmo día rutearon dende o Alto de Poio ata Triacastela ( 9 Km de andaina) . No segundo día visitaron o taller “Artelar “ onde presenciaron unha actividade demostración de tecido”.Aproveitaron tamén para visitar o albergue da Xunta e ver o conxunto rehabilitado. Visitaron un muíño e logo o Mosteiro de Samos. Non só traballaron nunha aprendizaxe activa , tamén houbo tempo de partillar, gozar e rir. Esperamos repetir o curso vindeiro despois dunha experiencia tan positiva para alumnado e profesorado. Mil grazas a todos e todas por facela posible , e sobre todo a @Proxectoterra.

Vídeo

Nestes días estivo polo noso centro o alumnado do Lycée Fénelon o centro francés de Clermont Ferrand

Nestes días estivo polo noso centro o alumnado do Lycée Fénelon o centro francés de Clermont Ferrand co que facemos o intercambio desde hai anos. O día da súa visita fixémoslles un recibimento no salón de actos cos discursos oficiais, a actuación de Candela acompañada por Maica ao piano (cantando Je vole de M. Sardou) e a actuación do alumnado de 2º ESO de primeira lingua francés interpretando Le coeur holiday de Mika e Soprano. Despois asistiron a dúas sesións de clases. No recreo gozaron dunha merenda cos seus "corres".

E o martes tocou a saída conxunta na que aproveitamos, como é tradición, para facer un anaco do camiño xuntos. Logo, nos achegamos a Compostela para visitar a cidade, a catedral e máis o seu pórtico da gloria.

Podemos dicir que un ano máis os 70 participantes no intercambio viviron una experiencia única que esperando poida renovarse ano tras ano.

Fotos

Éxito do IES San Tomé na final do Young Business Talents 2023

O venres 28 de abril dous equipos do instituto competiron en Madrid na final nacional deste concurso escolar de xestión empresarial, na que tiñan logrado meterse entre os 100 mellores equipos de toda España. Un dos equipos estaba formado por Yago Dorgambide, Alba Durán e Clara Fontán, de 4º ESO e o outro por Daniela Álvarez, Emily Jiménez e Iago Lorenzo, de 1º de bacharelato. 

Na final, ambos equipos conseguiron ganar ás súas respectivas competicións de 5 finalistas, alcanzado dous dos 20 premios de Gañador de grupo. Parabéns ós nosos alumnos polo seu éxito!

 Foto