Agraria

Departamento de Actividades Agrarias

Xornada de acollemento para as probas libres do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural

 

A xornada de acollemento* para as probas libres do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, terá lugar no IES Plurilingüe San Rosendo o 29 de xuño de 2020 ás 9:15 horas.

 


* A non participación, sen xustificación, na xornada de acollemento ou en calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional supón a baixa de oficio da totalidade da matrícula.

Tríptico informativo

A Xunta dota ao IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo dun simulador forestal para as ensinanzas da FP de Agraria


Os conselleiros de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; e de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitaron o venres 1 de febreiro o IES Plurilingüe San Rosendo, en Mondoñedo, onde puideron comprobar o funcionamento do simulador forestal co que estes departamentos veñen de dotar o centro. Este equipamento, dirixido ás ensinanzas de FP da familia profesional de Agraria, contribúe a mellorar a cualificación do alumnado, de tal forma que os titulados conten cunha cualificación que responda ás necesidades do sector agroforestal.

Distribuir contido