Calendario escolar
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou ao alumnado do IES San Rosendo no inicio de curso
Enviado por Admin o Lun, 21/09/2015 - 07:07O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou aos rapaces e rapazas do IES San Rosendo de Mondoñedo no primeiro día de clases.
Programas educativos novidosos
Durante o seu percorrido polo centro –no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, polo director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e polo director xeral de Centros, José Manuel Pinal–, o conselleiro salientou a inmersión deste centro nos programas educativos novidosos postos en marcha polo Executivo galego nestes últimos anos.
Deste xeito, valorou o súa incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), que permite transformar as bibliotecas escolares en puntos de encontro para a lectura, a información e a aprendizaxe, así como en espazos para integrar o mundo escrito e o dixital a través das TIC. Tamén lembrou que o IES San Rosendo é un centro plurilingüe, comprometido, por tanto, coa inmersión lingüística. O conselleiro recordou que, trala incorporación de 36 máis este curso, xa son 257 os centros adheridos á rede do plurilingüismo e preto de 90.000 alumnos beneficiados.
A maiores, o conselleiro tamén puxo en valor a aposta deste instituto por unha ensinanza dixital a través do programa Abalar. Neste sentido, animou ao equipo directivo a implantar, ao abeiro deste plan, o proxecto de educación dixital E-Dixgal, mediante o cal o alumnado pode acceder aos materiais curriculares de balde.
Implantación da Lomce
Por outro lado, Román Rodríguez explicou que este curso comeza con novidades nas etapas de ESO e bacharelato, pois implántase a Lomce en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e 1º de bacharelato. A maiores, o novo marco normativo tamén se estende ao segundo ano de FP Básica. Precisamente, no IES San Rosendo ofértase esta modalidade, concretamente FP Básica de Agroxardinería e composición florais.
Calendario escolar 2015/16
Enviado por Admin o Mar, 08/09/2015 - 05:24
Outubro Maio |
19 16 |
Día non lectivo. As San Lucas. Festivo local. Día non lectivo. |
SETEMBRO 2015
Enviado por Admin o Xov, 03/09/2015 - 07:21
Venres 4 de setembro ás 10:00 Entrega de notas.
Venres 4 e Luns 7 Revisión de exames, reclamacións e matrícula de setembro.
Programación da fin de curso
Enviado por Admin o Mar, 23/06/2015 - 07:3119 de xuño de 2014: Último día de clase
22 e 23 de xuño: Avaliacións
24 de xuño ás 12:00: Entrega de notas
Revisión de exames e reclamacións:
DEPARTAMENTOS | DÍAS | HORAS |
Ciencias Naturais | 24 e 25 |
24: 12:00 - 13:00 25: 11:00 - 13:00 |
Tecnoloxía | 24 | 12:00 - 14:00 |
Lingua Galega | 24 | 12:00 - 14:00 |
Francés | 25 | 12:00 - 14:00 |
Latín e Grego | 24 | 11:00 |
Inglés | 24 e 25 |
24: 12 - 13:30 25: 11 - 13:30 |
Filosofía | 25 | 12:00 - 14:00 |
Ciencias Sociais | 25 | 10:00 - 13:00 |
Física e Química | 24 | 12:00 - 14:00 |
Lingua Castelá | 25 | 12:00 - 13:00 |
Plástica | 24 | 12:00 - 14:00 |
Matemáticas | 24 | 11:00 - 13:00 |
Economía | 25 | 11:30 - 12:00 |
Relixión | 24 | 12:00 - 13:00 |
Música | 25 | 10:00 - 14:00 |
Educación Física | 25 | 11:00 - 13:00 |