Visita cultural e obra de teatro en francés

 

O  mércores 21 de febreiro os alumnos que cursan a materia de francés en 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato asistiron, no auditorio municipal de Lugo, á representación en francés da obra de Victor Hugo "Notre Dame de París" por parte da compañía bricAbrac Teatro. Posteriormente acudiron a visitar o Museo Provincial de Lugo e achegáronse a coñecer o Castelo de Pambre e Santa Eulalia de Bóveda.