Alumnos do IES San Rosendo homenaxearon á poetisa Rosalía de Castro

Alumnos do IES San Rosendo homenaxearon á poetisa Rosalía de Castro 

Os estudantes leron poemas da escritora e realizaron una ofrenda floral

O alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo participou esta semana en dous actos estreitamente vinculados á cultura galega. O xoves, asistindo e colaborando na lectura do "Sinbad" de Cunqueiro, xunto cos alumnos do Colexio público da localidade e o martes con outro acto en honor a Rosalía de Castro, no que leron poemas, realizaron interpretacións musicais e fixeron unha ofrenda de flores á gran autora das letras galegas.

MONDOÑEDO   LA VOZ 27 de febreiro de 2015.