Jorge Mira no IES San Rosendo de Mondoñedo

Jorge Mira ensina a calcular no IES San Rosendo de Mondoñedo   O catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira, dedicou unha hora de clase práctica ao alumnado de 1º e 2º da ESO do IES de Mondoñedo e ensinou aos asistentes diversos trucos matemáticos. Experto en cifras, Jorge Mira visitou o IES Plurilingüe San Rosendo para impartir un obradoiro moi ameno no que ensinou aos rapaces técnicas para mellorar en cálculo. Tratouse dunha actividade proposta pola profesora Beatriz Trigo do Departamento de Orientación, dentro do Contrato-Programa firmado entre a Consellería de Educación e o centro mindoniense para a mellora do cálculo e da competencia matemática do alumnado. 

A nova en Cronica 3.com A mariña