Criterios de Calificación

CONDICIÓNS PARA PODER SUPERAR A MATERIA NOS CURSOS DE ESO

A nota numérica virá determinada polo traballo do alumno ao longo do curso en diversas actividades (individuais ou de grupo) que serán anotadas convenientemente e polo resultado dos exames que se fixen ao longo do curso do seguinte xeito:

-     Un 75% virá determinado pola media de todas as cualificacións dos exames que cada alumno ou alumna tivera que realizar ao longo do curso (tanto exames eliminatorios de materia como exames de recuperación).

-         Un 25% virá determinado polas anotacións feitas dos traballos individuais, dos traballos en grupo, do material que traen e do caderno de clase; realizaranse unhas cinco recollidas de notas (das que ao menos unha deberá corresponder aos obxectivos do plan lector do centro) cada trimestre agás cando haxa traballo de taller que contará un 90% dese 25% deste apartado xa que o desenrolo da actividade ocupará moitas sesións.

-      Se o día que se fai a recollida de notas alguén non presenta o traballo apuntarase un cero, se na seguinte sesión se presenta o mesmo cualificarase con unha penalización de  catro puntos sobre dez.

-       O comportamento do alumno con respecto ao resto da clase, é dicir, aos seus compañeiros e ao profesorado da materia poderá variar a nota do trimestre nun máximo de 1 punto dos seguintes xeitos:

-       Se a súa actitude repercute negativamente na aula a nota da avaliación será a inmediatamente inferior á da media aritmética.

-      No caso de contribución significativa ao bo desenvolvemento das clases ou á integración e mellora significativa dos compañeiros a nota será a inmediatamente superior á da media aritmética.

-       Estas variacións só se terán en conta na avaliación na que se produzan e non contarán no cálculo da  nota final.

-    Para aprobar unha avaliación as notas de cada un dos exames non poderán ser inferiores a 4 agás que se superara unha recuperación dos mesmos antes da finalización da mesma. En todo caso a materia tratada nos exames non se considerará superada por debaixo de 4,75 polo que anque na avaliación apareza aprobado haberá que recuperar os exames con nota inferior a 4,75.

     A nota final de curso virá dada pola media aritmética do resultado de cada avaliación sen ter en conta o redondeo. A media de cada avaliación deberá ser ao menos de 4 unha vez feitas todas as recuperacións pertinentes. Neste caso o redondeo poderá incluír o paso á nota inmediatamente superior á proporcionada pola media aritmética no caso do alumnado que nunca tivera que facer recuperacións e que non  levara ceros nas notas recollidas ao longo do curso. Ao alumnado que tivera que facer recuperacións no redondeo non se lle aplicarán estes beneficios. Para aprobar a materia na avaliación ordinaria (xuño) ten que darse un destes dous casos:

  •     Ter todos os exames do curso eliminados (nota superior a 4,75 en cada un deles) á primeira ou na recuperación.
  •       Que a media das tres avaliacións sexa superior a 4,5 sempre que se cumpra que a nota de cada exame feito ao longo do curso (á primeira ou na recuperación) sexa superior ao 4.

        Para a realización de probas escritas considérase por parte deste departamento a posibilidade de facer o deseño de dous modelos de proba de distinta dificultade. A valoración será diferente para cada unha delas, pois dependendo da proba elixida, poderase optar a notas máximas diferentes. Deste xeito, alumnos con dificultade especial nesta materia, sobre todo alumnado estranxeiro con dificultades no idioma, poderán superala atendendo aos contidos mínimos.

Para  o alumnado pendente de cursos anteriores:

    Os alumnos que entreguen os boletíns e amosen que acadan os obxectivos do curso serán cualificados conforme aos resultados dos mesmos.

    Os alumnos que entreguen os boletíns pero que non acaden os obxectivos deberán ser cualificados nun exame final que valerá un 75% da nota, correspondendo o 25% restante á cualificación do traballo entregado.

   Os alumnos que non entreguen os boletíns (ou algún deles) serán cualificados exclusivamente polo exame final.

          Na avaliación extraordinaria (setembro):

O alumnado será avaliación exclusivamente polo exame extraordinario.

Para a realización de probas escritas considérase por parte deste departamento a posibilidade de facer o deseño de dous modelos de proba de distinta dificultade. A valoración será diferente para cada unha delas, pois dependendo da proba elixida, poderase optar a notas máximas diferentes. Deste xeito, alumnos con dificultade especial nesta materia, sobre todo alumnado estranxeiro con dificultades no idioma, poderán superala atendendo aos contidos mínimos.

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA NOS CURSOS DE PDC

   Para a realización de probas escritas considérase por parte deste departamento a posibilidade de facer o deseño de dous modelos de proba de distinta dificultade. A valoración será diferente para cada unha delas, pois dependendo da proba elixida, poderase optar a notas máximas diferentes. Deste xeito, alumnos con dificultade especial nesta materia, sobre todo alumnado estranxeiro con dificultades no idioma, poderán superala atendendo aos contidos mínimos.

   A nota numérica virá determinada polo traballo do alumno ao longo do curso en diversas actividades (individuais ou de grupo) que serán anotadas convenientemente e polo resultado dos exames que se fixen ao longo do curso do seguinte xeito:

-        Un 75% virá determinado pola media de todas as cualificacións dos exames que cada alumno ou alumna tivera que realizar ao longo do curso (tanto exames eliminatorios de materia como exames de recuperación).

-         Un 25% virá determinado polas anotacións feitas dos traballos individuais, dos traballos en grupo, do material que traen e do caderno de clase; realizaranse unhas cinco recollidas de notas (das que ao menos unha deberá corresponder aos obxectivos do plan lector do centro) cada trimestre agás cando haxa traballo de taller que contará un 90% dese 25% deste apartado xa que o desenrolo da actividade ocupará moitas sesións.

-         Se o día que se fai a recollida de notas alguén non presenta o traballo apuntarase un cero, se na seguinte sesión se presenta o mesmo cualificarase con unha penalización de  catro puntos sobre dez.

-         O comportamento do alumno con respecto ao resto da clase, é dicir, aos seus compañeiros e ao profesorado da materia poderá variar a nota do trimestre nun máximo de 1 punto dos seguintes xeitos:

-          Se a súa actitude repercute negativamente na aula a nota da avaliación será a inmediatamente inferior á da media aritmética.

-          No caso de contribución significativa ao bo desenvolvemento das clases ou á integración e mellora significativa dos compañeiros a nota será a inmediatamente superior á da media aritmética.

-          Estas variacións só se terán en conta na avaliación na que se produzan e non contarán no cálculo da  nota final.

·         Para aprobar unha avaliación as notas de cada un dos exames non poderán ser inferiores a 4 agás que se superara unha recuperación dos mesmos antes da finalización da mesma. En todo caso a materia tratada nos exames non se considerará superada por debaixo de 4,5 polo que anque na avaliación apareza aprobado haberá que recuperar os exames con nota inferior a 4,5.

-      A nota final de curso virá dada pola media aritmética do resultado de cada avaliación sen ter en conta o redondeo. A media de cada avaliación deberá ser ao menos de 4 unha vez feitas todas as recuperacións pertinentes. Neste caso o redondeo poderá incluír o paso á nota inmediatamente superior á proporcionada pola media aritmética no caso do alumnado que nunca tivera que facer recuperacións e que non  levara ceros nas notas recollidas ao longo do curso. Ao alumnado que tivera que facer recuperacións no redondeo non se lle aplicarán estes beneficios.

   Para aprobar a materia na avaliación ordinaria (xuño) ten que darse un destes dous casos:

       -      Ter todos os exames do curso eliminados (nota superior a 4,5 en cada un deles) á primeira ou na recuperación.

      -    Que a media das tres avaliacións sexa superior a 4,25 sempre que se cumpra que a nota de cada exame feito ao longo do curso (á primeira ou na recuperación) sexa superior ao 4.

     Para a realización de probas escritas considérase por parte deste departamento a posibilidade de facer o deseño de dous modelos de proba de distinta dificultade. A valoración será diferente para cada unha delas, pois dependendo da proba elixida, poderase optar a notas máximas diferentes. Deste xeito, alumnos con dificultade especial nesta materia, sobre todo alumnado estranxeiro con dificultades no idioma, poderán superala atendendo aos contidos mínimos.

     Para  o alumnado pendente de cursos anteriores:

Os alumnos que entreguen os boletíns e amosen que acadan os obxectivos do curso serán cualificados conforme aos resultados dos mesmos.

Os alumnos que entreguen os boletíns pero que non acaden os obxectivos deberán ser cualificados nun exame final que valerá un 75% da nota, correspondendo o 25% restante á cualificación do traballo entregado.

Os alumnos que non entreguen os boletíns (ou algún deles) serán cualificados exclusivamente polo exame final.

Na avaliación extraordinaria (setembro):

O alumnado será avaliado exclusivamente polo exame extraordinario.

CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA DE INFORMÁTICA

A nota numérica na avaliación ordinaria (xuño) virá determinada polo traballo do alumno ao longo do curso en diversas actividades (individuais ou de grupo) que serán anotadas convenientemente e polo resultado da cualificación das actividades que se fixen ao longo do curso do seguinte xeito:

-         Un 40% virá determinado pola media de todas as cualificacións dos exames que cada alumno ou alumna tivera que realizar ao longo do curso (tanto exames eliminatorios de materia como exames de recuperación). Para aprobar unha avaliación  as notas dos exames non poderán inferiores a 3,75 excepto que se superase unha recuperación dos mesmos antes da finalización da mesma.

-         Un 15% virá determinado polo comportamento do alumno con respecto aos seus compañeiros, ao profesorado da materia e ao coidado polos materiais e instalacións empregadas.

-         Un 45% virá determinado polo caderno de clase. Anotacións feitas de traballos individuais diarios, corrección das actividades na clase, presencia do material necesario para o desenvolvemento da clase (fotocopias, arquivos...)

Na convocatoria extraordinaria (setembro)

                O alumnado será avaliado exclusivamente polo exame extraordinario.

 CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA DE TIC EN BACHARELATO

A nota numérica na convocatoria ordinaria (xuño) virá determinada polo traballo do alumno ao longo do curso en diversas actividades (individuais ou de grupo) que serán anotadas convenientemente e polo resultado da cualificación das actividades que se fixen ao longo do curso do seguinte xeito:

-         Un 50% virá determinado pola media de todas as cualificacións dos exames que cada alumno ou alumna tivera que realizar ao longo do curso (tanto exames eliminatorios de materia como exames de recuperación). Para aprobar unha avaliación  as notas dos exames non poderán inferiores a 4,5, excepto que se superase unha recuperación dos mesmos antes da finalización da mesma.

-        Un 10% virá determinado polo comportamento do alumno con respecto aos seus compañeiros, ao profesorado da materia e ao coidado polos materiais e instalacións empregadas.

-        Un 40% virá determinado polo caderno de clase. Anotacións feitas de traballos individuais diarios, corrección das actividades na clase, presencia do material necesario para o desenvolvemento da clase (fotocopias, arquivos...)

Na convocatoria extraordinaria (setembro)

                O alumnado será avaliado exclusivamente polo exame extraordinario.

CONDICIÓNS PARA SUPERAR AS MATERIAS DE TECNOLOXÍA INDUSTRIAL EN BACHARELATO

Para o caso do Bacharelato, a valoración a efectos porcentuais sobre o total da nota que acade o alumno, ponderarase do seguinte xeito:

                A nota numérica virá determinada polo traballo do alumno ao longo do curso en diversas actividades (individuais ou de grupo) que serán anotadas convenientemente e polo resultado dos exames que se fixen ao longo do curso do seguinte xeito:

 -    Un 85% virá determinado pola media de todas as cualificacións dos exames que cada alumno ou alumna tivera que realizar ao longo do curso (tanto exames eliminatorios de materia como exames de recuperación).

-        Un 15% virá determinado polas anotacións feitas dos traballos individuais, dos traballos en grupo, do material que traen e do caderno de clase; realizaranse unhas cinco recollidas de notas (das que ao menos unha deberá corresponder aos obxectivos do plan lector do centro) cada trimestre

-         Se o día que se fai a recollida de notas alguén non presenta o traballo apuntarase un cero, se na seguinte sesión se presenta o mesmo cualificarase con unha penalización de catro puntos sobre dez.

-         O comportamento do alumno con respecto ao resto da clase, é dicir, aos seus compañeiros e ao profesorado da materia poderá variar a nota do trimestre nun máximo de 1 punto dos seguintes xeitos:

-          Se a súa actitude repercute negativamente na aula a nota da avaliación será a inmediatamente inferior á da media aritmética.

-          No caso de contribución significativa ao bo desenvolvemento das clases ou á integración e mellora significativa dos compañeiros a nota será a inmediatamente superior á da media aritmética.

-          Estas variacións só se terán en conta na avaliación na que se produza e non contarán no cálculo da  nota final.

-        Para aprobar unha avaliación as notas dos exames non poderán ser inferiores a 4 agás que se superara unha recuperación dos mesmos antes da finalización da mesma. Aínda que unha avaliación estea aprobada todo exame con unha nota inferior a 4,75 terá que ser recuperado xa que esa materia non se considerará eliminada.

-         A nota final de curso virá dada pola media aritmética do resultado de cada avaliación sen ter en conta o redondeo. Como mínimo en cada avaliación deberase ter un 4 despois de facer as correspondentes recuperacións. A renuncia a facer recuperación implica ter que facer o exame extraordinario en setembro. O redondeo poderá incluír o paso á nota inmediatamente superior á proporcionada pola media aritmética no caso do alumnado que nunca tivera que facer recuperacións e que non era levar ceros na notas recollidas ao longo do curso. Ao alumnado que tivera que facer recuperacións no redondeo non se lle aplicarán estes beneficios.

      Para aprobar a materia na avaliación ordinaria (xuño) ten que darse un destes dous casos:

  •       Ter todos os exames do curso eliminados (nota superior a 4,75 en cada un deles) á primeira ou na recuperación.
  •  Que a media das tres avaliacións sexa superior a 4,5 sempre que se cumpra que a nota de cada exame feito ao longo do curso (á primeira ou na recuperación) sexa superior ao 4.

Para  o alumnado pendente de cursos anteriores:

           Os alumnos que entreguen os boletíns e amosen que acadan os obxectivos do curso serán cualificados conforme aos resultados dos mesmos.

        Os alumnos que entreguen os boletíns pero que non acaden os obxectivos deberán ser cualificados nun exame final que valerá un 85% da nota, correspondendo o 15% restante á cualificación do traballo entregado.