Charla deportados

Hoxe tivo lugar no salón de actos do centro unha charla impartida polos investigadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) Paulo Grandío e Miguel Freire sobre o Proxecto “Stolen Memory” (Memoria Roubada), patrocinado  polos “Arquivos  Arolsen”, que comezou a súa andaina no 2023 por iniciativa de profesorado e alumnado do IES Galileo Galilei de Navia, no occidente de Asturias, e que, dende o luns 19 de febreiro está exposto en paneis nos corredores do centro.

A charla versou sobre o obxecto desta exposición, que de trata de divulgar a busca de familiares de deportados nos campos de concentración nazis  para a devolución dos obxectos persoais que lles foran incautados nos mesmos. Fíxose mención da investigación levada a cabo pola  ARMH de Lugo  para recuperar a memoria dos 39 deportados da provincia de Lugo, dos cales, os 4 da comarca da Mariña están incorporados coas súa reseñas na exposición xunto cos cinco deportados Eo-Naviegos. Como remate, Paulo Grandío expuxo o proceso, tanto  de investigación para a busca de información, como para a localización de familiares dos deportados, co obxectivo de facelos partícipes da xusta dignificación que merecen estas vítimas da barbarie nazi.