Participación no concurso de robótica de IGACIENCIA

O luns 6 de novembro o alumnado de 3º Educación Dixital, 4º Tecnoloxía, 1º Bac Tecnoloxía e enxeñaría e alumando de 2º Bac de TIC II desplazámonos ata Coruña, e mais concretamente ao IES Menéndez Pidal, para participar no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, no cal o alumnado tivo unha participación destacada e a falta de días de competición, un grupo segue de primeiro na súa categoría. O principal é o estupendo día que pasaron e desfrutaron da experiencia.