INFORMACIÓN SOBRE O DELF (DIPLOMA ELEMENTAL DE LINGUA FRANCESA): DELF ESCOLAR (EXAME OFICIAL DE FRANCÉS)

DELF escolar en Galicia para o curso 2020/2021O alumnado que cursa a materia de FRANCÉS ten a posibilidade de presentarse a un exame externo chamado DELF SCOLAIRE que a Alianza Francesa convoca en colaboración coa Consellería de Educación coa finalidade de obter un diploma recoñecido nunha ampla maioría de países e que pode mellorar e enriquecer o currículo dos estudantes. Considerámolo especialmente interesante para 4º de ESO (DELFA2) así como para de bacharelato (DELFA2 ou B1), 2º de bacharelato (DELFB1).

Podedes consultar a información aquí:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33151

Ao ser un convenio coa comunidade autónoma,o DELF escolar ten a mesma validez cas demáis versións do DELF (adultos) e ademáis ofrece unha tarifa reducida. Este diploma ten unha validez permanente e é recoñecido en 173 países do mundo. É un título imprescindible desde a perspectiva de mobilidade internacional:

- É necesario para estudiar nas universidades francófonas ou as grandes escolas.
- Permite a obtención dunha beca Erasmus.
- Está recoñecido pola CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) e pode acreditar o nivel de idioma para a obtención do grao universitario.
-
Ademáis está recoñecido pola administración pública nas oposicións e valorado internacionalmente no mundo profesional para traballar en francés.

O departamento de francés dirixirá a matrícula do alumnado candidato dende o propio centro de estudio e facilitará a información sobre o formato da proba. Unha vez matriculado o alumnado interesado, o profesorado de francés lles axudará a familiarizarse co formato do examen.

Para máis información, poden contactar co Departamento de Francés do IES Plurilingüe San Rosendo.

AdxuntoTamaño
INFORMACION-SOBRE-O-DELF (2).pdf202.04 KB