Mondoñedo no corazón, con Xulio Rodríguez

 

Mondoñedo no corazón, con Xulio Rodríguez

 

Sábado de maio, sol e viruxe. O amigo Xulio Rodríguez guía o noso paso pola cidade. Deixa, Remedios abaixo, un rastro de palabras que din máis do que din e que todo o mundo entende. Sabedoría, nostalxia, afán de memoria e futuro en cada parada e en cada nome: Alameda, Luaces, Sarmiento, Afonso VII, Leiras, Lence Santar, Noriega, Catedral, Pardo de Cela, Fonte Vella, Pallarego, Cunqueiro, Seminario, Pascual Veiga, Eustorgia. E máis que veñen e van ao noso redor a cada paso, en cada volta; de antes e de agora, pois completa a mañá a compañía de Pepe Ruiz Leivas, sabio. Dous mindonienses convencidos do poder absoluto do amor abrindo para nós a porta da cidade que adoran, reclamando docemente a vixencia das nosas raíces e o noso compromiso co que vemos, co que escoitamos, co que aprendemos. Co que sentimos.