Skip to Content

INFORMACIÓN SIMULACRO (PLAN DE EVACUACIÓN)

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE COMO DEBE ACTUAR ANTE UN SIMULACRO

 

 

ALUMNADO

· O alumnado deberá actuar sempre de acordo coas indicacións do seu mestre/a e en ningún caso deberá seguir iniciativas propias.

· O alumnado ao que o profesorado lle encomendou unhas funcións concretas, responsabilizarase de cumprilas e de colaborar co profesorado para manter a orde do grupo.

· O alumnado non recollerá os seus obxectos persoais, co fin de evitar obstáculos e demoras.

· O alumnado que ao soar o sinal de alarma atópese nos aseos ou noutros locais anexos, na mesma planta da súa aula, deberá incorporarse con toda rapidez ao seu grupo. Si se atopa noutra planta, incorporarase ao grupo mais próximo que se atope no momento da saída. E posteriormente incorporásese ao seu grupo no punto de reunion dando aviso.

· Todos os movementos deberán realizarse de présa, pero sen correr, sen atropelar nin empuxar os demais

· Ningún alumno/deberaa deterse xunto as portas de saída.

· O alumnado deberá facer este exercicio en silencio e con sentido da orde e axuda mutuos, para evitar atropelos e lesións, axudando aos que teñan dificultades ou sufran caídas.

· O alumnado deberá realizar a evacuación respectando o mobiliario e equipamento escolar e usando as portas co sentido de xiro para o que está previstas.

· No caso de que nas vías de evacuación exista algún obstáculo que dificulte a saída na evacuación, será apartado polo alumnado, se fose posible, de forma que non provoque caídas das persoas ou deterioración do obxecto.

· En ningún caso o alumnado deberá volver atrás co pretexto de buscar irmáns menores, amigos ou obxectos persoais, etc.

· En todo caso os grupos permanecerán sempre unidos sen  disgregarse nin adiantar a outros, mesmo cando se atopen nos lugares exteriores de concentración previamente establecidos, con obxecto de facilitarlle ao profesorado o control dos mesmos.

AnexoTamaño
Alumnado_Plan Autoprotección.pdf199.56 KB


page | by Dr. Radut