Skip to Content

#biblioribeira

Recomendacións de Nadal

Este Nadal teremos tempo para viaxar a moitos mundos distintos e iso é posible coa lectura.

Estas son as recomendacións da biblio.

III feira do libro solidaria

Un ano máis a biblioteca inaugura en decembro a súa Feira do libro. Unha feira do libro especial, xa que busca ser solidaria con aquelas persoas da contorna que o precisan.

Esta é a terceira. Xa levamos dous anos colaborando na recadación de produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros e achegando libros ás familias, alumnado, persoal do centro.

Este ano a feira estará aberta de luns a venres no recreo, dende o martes 5 até o xoves 21 de decembro. A feira estará atendida polo alumnado voluntario da biblioteca.

Como funciona?

As persoas que queiran levar un libro só teñen que entregar a cambio algún produto dos mencionados: cueiros de bebé, un paquete de arroz...

Ademais esta feira está cargada de actividades complementarias: visita das escritoras Sonia Mirón e de Nones Araújo e entrega de premios do concurso de relato curto.

Ciencia en biblio

Novembro é o mes da ciencia na biblio. Dendo os distintos departamentos hai achegas de actividades para realizar nos recreos activos. Física, Química, Bioloxía, Matemáticas…

Recreos activos

Xadrez ou pasapalabra son algunhas das actividades fixas nos nosos recreos activos, pero cada ano xorden cousas novas. Desta banda temos como novidades dúas novas actividades.

Os mércores reúnense nos recreos alumnado ao que lle gusta un dos xogos quebracabezas máis internacional, o cubo de Rubik. Unha actividade aberta a toda a comunidade educativa.

E, ligado ao proxecto Roupa, o proxecto da biblioteca deste ano, os luns temos Cosendo polo futuro, unha actividade onde o alumnado comezará por colocar os logos do club de ciencias nas súas batas de laboratorio.

Distribuir contido


by Dr. Radut