Skip to Content

#biblioribeira

Chega a calor do verán

Coa chegada de xuño a actividade das clases, exames e entregas de traballos aumenta. O final do curso está preto e nótase no ambiente. A biblio non para. Hai que artellar as últimas actividades, entregar premios dos últimos concursos e recomendar lecturas para o verán.

Comezamos o mes entregando o premio das Olimpíadas literarias. Nos recreos activos tivemos tres charlas, a primeira "comezar polo tellado" sobre como se artellou a recuperación da cuberta da Catedral de Santiago de Compostela, a segunda foi  "eu son robot" que organizou o club de ciencias e por último "que falan as nosas librarías" na que as relatoras foron dúas alumnas: Nahír e Paula de 4ºB.

O alumando voluntario de biblioteca fixo as recomendacións para o verán que apareceron no noso expositor. Buscaron títulos en galego, portugués, castelán francés, inglés e de diferentes temáticas e tipoloxías.

O proxecto Roupa fixo seus varios espazos do centro para expoñer os traballos de todo o curso. No recibidor do centro seguimos completando o espazo, na biblio realizamos a exposición de lecturas sobre as teas e a profesión de costureira, sastre... No salón de actos tivemos a exposición "Fashion Designers" de inglés. E por último no corredor central do primeiro andar realizouse unha exposición de tecidos.

Por último, para recadar produtos de primeira necesidade, en decembro, tivemos a III feira do libro solidaria. Agora, en xuño, tivemos a I Feira de roupa solidaria, familia, profesorado, persoal do centro... cambiaron produtos por roupa que fora doada por alumnado, profesorado e familias.

O mes das Letras

Maio é o mes das letras en Biblioribeira. Visitas de autores, obradoiros, exposicións... Se cada mes traballamos para que non falte de nada, o mes de maio o dobre.

Visitounos Gabriel Álvarez para falarnos da tradución do xaponés ao galego e especialmente do manga. Tamén tivemos a Carlos Labraña con "Ler teatro".

Dentro das actividades de xadrez tivemos un torneo de partidas rápidas e a entrega de premios.

Como convivio con outros centros realizamos a III Xuntanza Literaria no parque Alba. Compartíronse lecturas na herba co sol presente.

O alumnado do club de lectura de manga, xunto con outros dous centros, visitou a feira Expotaku na Coruña.

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Luísa Villalta. expuxemos a obra da autora no noso expositor. houbo un obradoiro de "Chapas de letras" , nos recreos activos fixemos marcapáxinas de Luísa Villalta e houbo música dela e na radio todos os martes e xoves do mes organizouse unha sección chamada "lendo a Luísa Villalta" onde alumnado e profesorado voluntario leron fragmentos da súa obra. Ademais tivemos un especial "Pasa palabra" das letras.

Completáronse os recreos activos cun taller de cubos de Rubik.

Seguindo co proxecto roupa completouse a exposición do Proxecto na entrada do centro.

Por último, e por suposto non menos importante, o día 24  realizouse a gala de entrega de premios Roberto Vidal Bolaño.

Entrega de premios do II concurso de Recitado de Poesía

O xurado tivo difícil decidir aos gañadores e gañadoras do concurso. Este ano o número de participantes incrementouse considerablemente e a calidade tamén o fixo. Parabéns a todos os premiados. A poesía mola!

Abril, mes dos libros

Abril chega cheo de actividades para celebrar o mes dos libros.

Comezamos co 2 de abril como día internacional do libro infantil. O día 8 celebramos o día do pobo xitano. Tivemos obradoiro de macramé e fixemos pulseiras coas cores da bandeira xitana, tivemos unha charla dunha exalumna falando do seu percorrido como estudante e no mundo laboral e houbo un especial de radio. Tivemos as visitas de David Álvarez, tradutor profesional que nos viu falar da importancia da tradución no mundo literario, María Reimonsez, que nos falou da súa obra e especialmente de Furia; Celia Diaz, que acompañou unha sesión do club de lectura de adultos falando do seu libro Corte e confección; Núñez Singala viu charlar sobre Sociolingüística co alumnado de 1º de Bacharelato e por último Marga do Val, deunos unha charla sobre a homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, Luísa Villalta.  Tivemos un obradoiro de escritura cuneiforme para poñernos na pel dun escriba de Mesopotamia.

O luns 22 de abril comezou a II Olin¡mpíada literaria. Todos os días unha nova pista para dar co personaxe, obra ou autor/a que se agocha detrás.

O culb de manga organizou unha exposición sobre cultura xaponesa e manga que contou con diferente material que puña de manifesto a relación entre a cultura e tradición xaponesa, a vida diaria do pobo xaponés coa cultura manga.

O día do libro, 23 de abril, tivemos un obradoiro de papirofléxia relacionado coa temática do proxecto anual da biblioteca e do centro, a roupa. E confeccionáronse marcapáxinas con forma de vestidos, camisas e pantalón empregando a técnica do plegado de papel.

Como resultado da colaboración entre centros o 24 de abril o alumnado voluntario de biblioteca foi ao CEIP Antonio Palacios para o apadriñamento lector. Unha actividade que une diferentes xeración arredor dos libros.

Tamén inauguramos a exposición do traballo do alumanod de 2º e 4º sobre o proxecto roupa chamado "Expresións do campo semántico da roupa". E a roupa quedou tendida!

O 25 de abril celebramos a revolução dos cravos cunha exposición nos corredores de textos escritos por diferentes autores portugueses sobre o acontecemento desa data e tamén cun especial de radio feito en português.

Distribuir contido


by Dr. Radut