Skip to Content

#biblioribeira

Ciencia en biblio

Novembro é o mes da ciencia na biblio. Dendo os distintos departamentos hai achegas de actividades para realizar nos recreos activos. Física, Química, Bioloxía, Matemáticas…

Recreos activos

Xadrez ou pasapalabra son algunhas das actividades fixas nos nosos recreos activos, pero cada ano xorden cousas novas. Desta banda temos como novidades dúas novas actividades.

Os mércores reúnense nos recreos alumnado ao que lle gusta un dos xogos quebracabezas máis internacional, o cubo de Rubik. Unha actividade aberta a toda a comunidade educativa.

E, ligado ao proxecto Roupa, o proxecto da biblioteca deste ano, os luns temos Cosendo polo futuro, unha actividade onde o alumnado comezará por colocar os logos do club de ciencias nas súas batas de laboratorio.

Quen o fixo?

O xogo de pistas Quen o fixo? xa ten gañadoras. A entrega dos premios foi na propia biblioteca.

As persoas premiadas por acertar os libros foron Noa, de 4ºB, que atopou ao asasino no libro A memoria da Choiva de Pedro Feijoo; e Ainhoa Caballero, que acertou que o «gato negro aforcado» se agochaba no conto de Allan Poe, «O gato negro».

De GAliZA a GAZA

O venres 3 de novembro tivemos, durante a hora do recreo, unha charla sobre a situación de Palestina. Unha ollada dende Galiza a Gaza a cargo do alumno voluntario da Biblio Roi Valverde.

Distribuir contido


by Dr. Radut