Francés |
|
|||
O curso remata con boas novas para o alumnado de Francés que se presentara na convocatoria de abril ao DELF scolaire B1 e B2. Os nosos PARABÉNS para Alba, Roberto, Hoda e Monya polos resultados de ADMIS! O alumnado de Cuale A2, que se presentou en xuño ao DELF junior e as probas de A2 da Escola de Idiomas, terá pronto os seus resultados, esperamos tamén poder felicitalos. Ademais, como a tradición o pedía, na última semana fixemos crêpes. Os alumnos/as de 3º ESO e 1º Bacharaleto compartiron o gusto pola cociña francesa, aprendendo a elaborar a receita, paso a paso. Logo, o mellor de todo, a degustación final!
|
|||
"Alumnos de francés de secundaria e bacharelato , celebraron con actuacións teatrais, bailes e cancións a semana do teatro e da francofonía nos últimos días de marzo. O venres, 29, o grupo Mbolo Mooye Doolé, achegou aos de 1º ciclo aos instrumentos de percusión nun taller didáctico, motivador e alegre. Foron tamén entrevistados para Onda Discalza, a radio da biblioteca escolar, por alumnos de 4 eso, bacharelato e ciclos deixando unha boa pegada nas ondas.
Grazas a todos pola ilusión con que o fixeron e o tempo adicado! Tamén aos de Ciclos( Electricidade) pola súa colaboración.
|
|||
Neste mes de marzo celebramos a Francofonía . O alumnado de francés participará en actividades varias , así que xa está quentando motores .Esta semana tocoulle aos alumnos de 1 ESO ,1 lingua , que animados pola súa profesora Noelia , recibiron na clase a Monya, de 2 Bacharelato para conversar con eles en francés! |
|||
“ Falando do seu futuro en Francés e facendo amizade”
|
|||
Foi o xoves 24 deste mes en Ferrol no Auditorio de A Fundación . Asistimos cos de Francés de 3 de ESO a 2 Bacharelato. A obra era Le Malade Imaginaire de Molière representada por la Bohème Théâtre. Todo un éxito !
|
|||
“ I Concurso de Postais de Nadal do Departamento de Francés “ Que siga a tradición.
|
|||
Programación 18-19 |
|||
NOTRE VOYAGE EN SUISSE Nous sommes partis le 15 septembre jusqu’au 19 et nous avons profité tout le temps possible du matin au soir de tout ce qu’on découvrait. Nous avons vu un autre monde totalement différent; nous avons visité des monuments et des lieux qui sont uniques au monde. Par exemple, nous avons visité l’ONU où nous avons observé le travail en faveur de la paix qui est fait par des personnes de différentes nationalités qui coopèrent entre elles pour atteindre le même objectif. Nous avons aussi visité le CERN et là tous ceux qui aiment la Physique sont restés impressionnés. Nous avons vu d’autres lieux qui étaient vraiment génial comme le banc le plus long du monde, le Lac Léman ou la Cathédrale de Notre–Dame et aussi le Palais de Rumine à Lausanne avec ses quatre musées, visite à ne mas manquer. Finalement, ce voyage a été magnifique, nous avons appris beaucoup de choses et nous nous sommes beaucoup amusés. Nous voulons y retourner !!
|
|||
Éxito dos alumnos e alumnas de CUALE de Francés que se presentaron aos exames DELF A2 e B1 na Alianza Francesa. Foron tempos de nervios,incertidume...pero tamén alegría, motivación, traballo e ganas de pasalo ben e aprender. Por fin despois da espera, chegou a recompensa. Parabéns para: Alba López, Roberto Mourente, Juan Rodríguez, Antía Villar , Hoda e Monya Tayebi (A2) e Nerea Casas (B1). |
|||