Actividades

Tempo de Lecer...

 

Non vai a ser todo docencia e traballo na aula.

Os alumnos de 2º da FPB de Electricidade e Electrónica comezaron esta semana as prácticas na empresa da FCT e adicámoslle o último día da semana pasada a realizar un torneo de bádminton improvisado.

Enhoraboa rapaces e rapazas!!! Forza para o que queda de curso!! Xa queda menos!!!

Mapamundi dos Alumnos de 1º E.S.O.

O alumnado de 1º da E.S.O. do IES Punta Candieira elaborou durante o pasado trimestre este mapamundi que é froito da colaboración entre os departamentos de Debuxo (Consuelo), Xeografía e Historia (Andrés Rodríguez) e Francés (Ana, Nuria e Charo).

O mapa pon en relación seguintes contidos:

    • A temperatura da cor
    • As zonas climáticas
    • A diversidade cultural
    • Os paises francófonos 

O profesorado involucrado quere transmitir o alumnado participante o seu agradecemento polas aportacións das alumnas e dos alumnos e o orgullosos que están do resultado obtido, polo tanto só queda dicir: ¡¡Parabéns e moi bo traballo chicas e chicos!!

 

pd: se premedes na imaxe poderedes vela máis grande e inclusive descargala

Luminoso para o espazo Erasmus + elaborado polo alumnado de 2º da FP Básica de Electricidade

El alumnado de 2º de FPB de Electricidad con su profesora Zeltia Roca, sorprenden con un cartel luminoso y de bajo consumo para promocionar el espacio Erasmus +.

Encontros virtuais na Zona USC

Dende a Universidade da Coruña por mor da COVID-19 organiza unha serie  de actividades telemáticas dirixidas ó alumnado de 2º de Bacharelato ca finalidade de informar ó alumnado dos grados que oferta a USC.

Para mais info: 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Horarios das Videoconferencias do 23 o 25 de marzo

Acto de Inauguración

Enlace: https://youtu.be/Ud4m4xNhJ7c

Data:     Martes, 23 de marzo, de 12:00 a 13:00h.

Videoconferencias de información da Oficina de Información Universitaria

Enlace: Conferencias da Oficina de Información Universitaria

Datas:   martes, día 23 de marzo, de 10:00 a 12:00h. e 16:00 a 17:00h.

mércores, 24 de marzo, de 10:00 a 13:00 h. e 16:30 a 18:00h.

xoves, 25 de marzo, de 10:00 a 13:00h. e 16:30 a 18:00h.

Videoconferencias de información

EnlaceConferencias Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia

EnlaceConferencias específicas de cada Titulación (scroll down na páxina)

Datas:   martes, día 23 de marzo, de 18:00 a 19:00h.

mércores, 24 de marzo, de 19:00 a 20:00 h.

xoves, 25 de marzo, de 13:00 a 14:00h.

Acto de Clausura

EnlaceConferencia de Clausura

Data:     Xoves, 25 de marzo, de 18:00 a 19:00h.

 

Para + info, no seguinte enlace están os horarios de todas as actividades organizadas pola UAC dentro das datas:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais/horarios

Charlas ASFEDRO

A última semana de Febreiro as/os alumnas/os da ESO e FP Básica tiveron as charlas impartidas pola asociación ASFEDRO (Asociación Ferrolana de Drogodependencias), a cargo de Rosi.

 

Dende o IES Punta Candieira co apoio de ASFEDRO creemos que é importante que o noso alumnado teña a información de primeira man dos efectos e consecuencias das drogas, e máis na xuventude.

 

+ Info en:

https://asfedro.org/es/inicio

¡24 de febrero, ca forza de Rosalía!

Este ano os/as alumnos/as do IES Punta Candieira sumámonos á celebración do Día de Rosalía de Castro con música é moitas actividades que tiveron lugar arredor do día 24 de febreiro, data na que se conmemora ou  seu  nacemento.

¡¡Agora, mais que nunca, debemos contaxiarnos dá forza e dá viveza dos seus cantares para proxectarlos  neste 2021 e recuperar o cotidián cos ollos dá ilusión!!

Charlas Seguros e Finanzas do Colexio de Medidadores de Seguros da Coruña

Este venres 19 de Febreiro

Os alumnos da FP Básica de Servizos Comerciais e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Punta Candieira asistiron a unha charla impartida por Juan Manuel Sánchez-Albornoz Gómez presidente do Colexio de Mediadores de Seguros da Coruña, sobre as posibilidades laborais do mundo dos Seguros e Finanzas para este alumnado.

Dar as grazas a Juan e a Paloma (Coordinadora de Formación), por contar co noso centro.

Programación Alfabetización Informacional - Curso 2020 / 2021

Programación Voluntariado Escolar - Curso 2020 / 2021

Programación Radio Escolar - Curso 2020 / 2021

Distribuir contido