Actividades realizadas

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 21 de xuño todo o alumnado e profesorado do centro asistimos a unha gran mostra de talentos co Festival de fin de curso 2023.

Comezamos coa estrea da primeira obra de teatro do noso IES (agardamos que haxa moitas máis nos cursos vindeiros) coa participación de alumnado de 1º e 2º de ESO e baixo a dirección de Elvira e Ana.

 

 

 

Continuamos coa mostra de traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO sobre a figura de Fernando Pessoa e a emigración galega a Portugal.

 

Finalmente asistimos ao tradicional concerto a cargo do alumnado de música de 2º, 3º e 4º de ESO

 

 

 

NORABOA A TODOS OS NOSOS GRADUADOS DE 4º DE ESO E MOITA SORTE PARA O FUTURO!

 

PARA VER TODAS AS FOTOS PODES ACCEDER A ESTE ENLACE USANDO O TEU CORREO DO IES POETA AÑÓN

https://drive.google.com/drive/folders/15o-sA_KNrqJ1FUQPFsOrqsW7ljxbBsbI?usp=sharing

CLUBS DE LECTURA E TEATRO VISITAN LUGO e PORTOMARÍN

Como actividade final para despedir o curso, o alumnado pertencente aos Clubs de Lectura e Teatro viaxaron a Lugo e Portomarín o pasado martes 27 de xuño. Especialmente interesante foi a visita ao Vello Cárcere de Lugo e a historia de Portomarín contada pola nosa guía Candela, alumna do IES Fernando Blanco de Cee e filla do último bebé nacido no vello Portomarín.

Aquí vos deixamos algúns dos momentos desa xornada:

 

8-M NO POETA AÑÓN

ESTA SEMANA DO 8-M NO NOSO IES TIVEMOS A SORTE DE PODER CONTAR CUNHAS MULLERES PIONEIRAS EN DISTINTOS CAMPOS.

 

O luns pola mañá tivemos unha charla da investigadora María Mayán, responsable do grupo de investigación CellCOM, que nos falou do seu traballo de investigación no CHUAC da Coruña.

O luns pola tarde Pilar Neira, deportista de alto nivel, actualmente adestradora da selección femenina galega de fútbol, contounos como foron os seus inicios neste mundo tan masculino.

 

O mércores acompañounos Bárbara Romaní, capitana de buque mercantil a explicarlle ao noso alumando que xa non hai carreiras de homes ou de mulleres e que todos teñen as mesmas oportunidades. 

Deixámovos uns vídeos que preparamos para celebrar ese día.

 

 

ENTROIDO DE TALENTOS EN OUTES

Hoxe tivemos o privilexio de asistir a un dos Entroidos máis talentosos dos últimos anos no noso instituto.

Comezamos cunha fantástica merendola grazas a colaboración das familias

 

 

Despois puidemos ver moitas actuacións preparadas por alumnado de todos os cursos...

VISITA A MUROS

O alumnado da ESA do IES xunto con algún parente, parte do profesorado e do persoal non docente do centro, fixemos unha excursión ao noso concello veciño, Muros. A técnica de turismo deste, María, falounos dos restos prehistóricos que podemos atopar alí, explicounos o funcionamento do muíño de mareas do Pozo do Cachón, a historia do Museo do Mar e a estrutura e organización do núcleo antigo da Vila de Muros. Todo isto, aderezado de curiosidades varias e sorprendentes, fixo que a visita resultara moi entretida e interesante. Xa temos ganas de outra!!

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 4º AO CENTRO OCUPACIONAL DE ADISBISMUR

O Departamento de EPVeA segue a colaborar co Proxecto de Talentos de Outes, no marco dese proxecto o alumnado de 4º de ESO visitou o Centro ocupacional de ADISBISMUR para preparar unha nova curta sobre o talento dos usuarios do centro que desenvolven múltiples actividades.

 

 

 

 

O noso alumnado participará nun obradoiro de cestaría a cargo de usuarios de ADISBISMUR o próximo mes de marzo.

Estamos IMPACIENTES!

Para ver máis fotos visita o FACEBOOK da asociación https://www.facebook.com/adisbismur/

TALENTOS DE OUTES ENTREVISTADOS/AS POLO NOSO ALUMNADO DE 4

Pinchando en cada unha das imaxes poderedes ver os magníficos cortos-entrevistas que o noso alumnado fixo sobre estes catro TALENTOS DE OUTES.

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS CATRO POR PRESTARSE A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE!

     

    

O departamento de Xeografía e Historia participa no Porto do programa PIALE 2022

 

  

O pasado mes de novembro, un grupo de profesorado galego entre o que estaba Susana Álvarez, profesora do departamento de Xeografía e Historia deste centro, participou no programa PIALE, Programa Integral de Aprendizaxe de Línguas Estranxeiras, que ten por obxectivo promover o intercambio pedagóxico e a inmersión linguística en portugués.   

A experiencia, que se desenvolveu na Escola Clara de Resende do Porto, resultou enriquecedora e confirmatoria da oportunidade, que como galegofalantes temos na Lusofonia, agora que o plurilingüismo é unha das competencias de aprendizaxe ao cuidado do profesorado na nova lei educativa.

 

Visitamos as Torres do Allo

 

O alumnado de 4ºESO foi recibido no pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, que pasa por ser o máis antigo de Galicia, aínda que non teña o mérito de ser o exemplo de propiedade fidalga mellor conservada. Os seus elementos: a capela, o pombal, as terras, as casas das familias labregas…foron deslindándose co pasar do tempo. Mais é iso precisamente o que nos permite explicar a vida cotiá durante o Antigo Réxime en Galicia e o seu final. Visitar espazos patrimoniais axuda a entender mellor a nosa Historia

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet