Actividades realizadas

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2017-18

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Uso responsable das novas tecnoloxías. Luns 5 de marzo ás 18:30 horas.

PLAN PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Dentro das actividades programadas para a mellora da convivencia do centro teremos dúas charlas para todo o alumnado do centro na que abordaremos o tema relacionado con consumo de drogas e alcohol.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos", axentes da Garda Civil informarán ao alumnado nas seguintes datas:

Mércores 28 de febreiro ás 10:30: para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Luns 5 de marzo ás 16:20: para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Este programa nos permite desde hai varios anos abordar co alumnado temas de gran importancia desde un punto de vista complementario á visión que podemos abordar os docentes.

Este ano incluimos no programa a actividade para as familias "Uso responsable das novas tecnoloxías" que se inclue nas actividades da Escola de Familias que iniciamos este curso.

OS DEREITOS DAS MULLERES E DAS NENAS

En colaboración con Amnistía Internacional realizamos actividades para concienciar dos dereitos das mulleres e das nenas, que en moitos casos non se están a respectar.

Desde o 16 ao 26 de febreiro temos no IES unha exposición na que se explican os dereitos básicos e que amosa a situación das mulleres en distintos lugares do planeta. Remateremos o luns 26 cunha charla de membros de Amnistía Internacional á que asistirá alumnado de 2º e 3º de ESO.galería de fotos

Campeonato provincial de campo a través. Culleredo 2018

O pasado 3 de febreiro a alumna Mónica Caamaño Lago foi a representante do IES Poeta Añón no campeonato provincial de campo a través.

Noraboa polo espíritu deportivo e o esforzo. resumo da carreira.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE NADAL 2017

Un ano máis, en colaboración con Cáritas de Outes, realizamos a recollida de alimentos e xoguetes para que os máis necesitados podan ter unhas mellores festas.

 

Curtametraxe "Unha chamada", contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro venres 24 de novembro ás 18 h, presentarase na Casa da Cultura do concello de Outes a curtametraxe "Unha chamada" realizada polo alumnado do IES Poeta Añón e protagonizada polos usuarios de ADIBISMUR.

Haberá tamén unha representación teatral por parte dos usuarios de ADIBISMUR e un sketch representado por alumnas do IES.

A entrada é de balde pero poderase colaborar cun donativo destinado ao mantemento de ADIBISMUR.

Animádevos a participar, un bo espectáculo a unha boa causa.

Espectáculo da compañía Chévere "I'll be watching you (hei estar vixiándote)

Esta actuación está concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia; enmarcada no Acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia en setembro de 2012. O alumnado do IES participará no espectáculo da compañía Chévere "I'll be watching you (hei estar vixiándote)".

Intercambio con Francia

Este curso o alumnado do IES participa nun intercambio con Francia.

Aquí os temos de visita en Saint Emilion

EXPOSICIÓN DE PUBLICACIÓNS ACTUAIS EN GALEGO

A asociación Terra de Outes, con ocasión do 10º aniversario da publicación da súa revista Terra de Outes expón no IES Poeta Añón unha mostra de publicacións actuais en galego.

A exposición foi inaugurada o venres 13 e permanecerá no patio central do IES ata o final do mes de outubro.

Reunión inicial coas familias. Outubro de 2017

A presentación do curso 2017-18 para as familias do noso alumnado será os días indicados. No apartado "titorías", a esquerda desta páxina, tedes os titores de cada grupo e a hora de atención a pais.   

 

Luns 16: Alumnado de 1º e 2º de ESO
    Haberá unha presentación por parte do equipo directivo, seguida pola reunión cos titores de cada grupo.
  
    19 horas  
Mércores 18: Alumnado de 3º e 4º de ESO
   

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet