Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA

Campus do Mar, co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), convoca a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA, co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade.

II SEMANA CULTURAL do IES POETA AÑÓN ( 24 ao 28 de febreiro 2014)

O vindeiro luns dá comezo a II Semana Cultural do IES Poeta Añón con actividades de diferente tipo para tódolos niveis da ESO. Nesta ocasión tratarase de dar difusión a temas relacionados co mundo da CIENCIA e a TECNOLOXÍA aproveitando que, agora máis que nunca, precisan do noso apoio, coñecemento e divulgación.

Este é o programa detallado de actividades:

 

Plan Navega con Rumbo

O xoves 13 de febreiro o alumnado do IES participará en actividades para fomentar o uso seguro das novas tecnoloxías dentro do programa Navega con Rumbo creado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Presentación do Conselleiro de Educación.

 Alumnado de 3º e 4º de ESO: 13:15 horas

EXAMES FINAIS EPA - 2º PCPI. 1º Cuadrimestre curso 2013-14

EXAMES FINAIS. 1º Cuadrimestre

Plan de Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar

Actividades organizadas dentro do Plan director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar para o curso escolar 2013-2014:

DÍA ACTIVIDADE CURSO HORA
Mércores 29 xaneiro Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías 1º - 2º ESO 12:25
FAMILIAS
19:00
Enlaces de interese facilitados na sesión coas familias
       
Mércores 19 de febreiro Prevención do consumo de alcol e drogas  3º-4º ESO 12:25
Conductas incívicas, racismo, intolerancia... 1º-2º PCPI
19:00

 Programa organizado polos Ministerios de Educación e Ciencia e o Ministerio de Interior, en colaboración coas CCAA.

Viaxe á neve do alumnado de 4º ESO

Un curso máis o alumnado de 4º de ESO realizou a tradicional viaxe á Andorra. Durante unha semana puideron disfrutar da neve, e sen ningún accidente!

FOMENTANDO A IGUALDADE

Organizado polo CIM de Outes o día 9 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º participou no espectáculo do grupo Chévere "I´ll be watching you". trátase dun espectáculo pedagóxico-musical que analiza os roles de xénero que transmiten as canciones de temática amorosa, promovido por la Secretaría Xeral da Igualdade.

NADAL 2013: RECOMENDACIÓNS de LECTURA E CINE da Biblioteca

Neste ENLACE e no ficheiro adxunto atoparás a proposta de lecturas e de películas da biblioteca para este Nadal, cun especial énfase nos libros adicados a coñecer mellor o mundo da CIENCIA.BOAS LECTURAS E VACACIÓNS A TODOS!!

Concursos relacionados coa ciencia

Seleccionamos algúns dos concursos relacionados coa ciencia nos que pode participar o alumnado de ESO.

Powered by Drupal - Design by artinet