FONDO DE LIBROS. LISTAXES

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS.

Poderán presentarse reclamacións os días 8 e 9 de xullo na administración do IES.

LIBROS DE TEXTO. Curso 2015 - 16

Listado dos libros de texto para o curso 2015 - 2016

Novos libros LOMCE que se poden mercar co vale:  1º e 3º de ESO. enlace

Libros que forman parte do fondo de préstamos: 2º e 4º de ESO. enlace

ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO INTERNACIONAL CLIMÁNTICA

Continuando coa nosa colaboración en proxectos de concienciación medioambiental participamos no concurso internacional CLIMÁNTICA 2015.

Resultaron premiados os seguintes alumnos:

José del Río López, María Molinos Blanco, María Pérez Lago e Uxía Ramos Lestón.

ROCK IN TINES 2015

Tedes aquí unha presentación con algúns dos momentos do festival fin de curso deste ano: actuacións musicais estelares e emocionante despedida do alumnado de 4º ESO.

Axudas para a adquisición de libros de texto. Curso 2015-16

 As axudas son exclusivamente para libros de texto seleccionados no IES para 1º e 3º de ESO (non se pode adquirir nin outros libros nin material complementario). A lista de libros estará publicada en canto se aprobe o decreto de implantación da LOMCE en Galicia e as editorias os teñan dispoñibles.

 O alumnado ten a obriga de devolver os libros en bo estado ao remate do curso para que formen parte dun banco de libros no IES.

Recoméndase quedar cunha copia da factura dos libros mercados co vale como xustificante para posibles reclamacións en caso de erro.

 

BANCO DE LIBROS

 Segundo a orde do 21 de maio de 2015 que regula o banco de libros texto (DOG do 1 de xuño) tódolos alumnos que se matriculen no curso 2015/16 en 2º e 4º de ESO poderán presentar solicitude para participar no fondo de libros de texto que exista no centro. Polo tanto, o alumnado que curse o próximo ano 2º e 4º da ESO non recibirá axuda para adquisición de libros de texto.

A adxudicación dos libros dispoñibles realizarase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

A resolución definitiva da asignación dos libros publicarase o 15 de setembro.

Reunión coas familias do alumnado de 6ºP

Un ano máis estamos a realizar as xornadas informativas coas familias e o alumnado de 6º de Educación Primaria dos colexios adscritos. O obxectivo é que coñezan o centro e as novidades coas que se atoparán co inicio dos estudos de ESO.

O vindeiro mércores 10 de xuño teremos unha reunión coas familias as 7,30 da tarde para despexar as posibles dúbidas que poidan existir sobre a próxima escolarización do alumnado.

Finalizaremos estas xornadas coa visita do alumnado dos dous CEIPs o xoves 11 de xuño. Verán as instalacións e unha presentación coas actividades máis frecuentes que se realizan no IES así como as materias que terán que cursar.

Xornadas de orientación para as familias

Como todos os cursos realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos o vindeiro curso e podan efectuar unha a matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: MARTES 2 DE XUÑO ÁS 7,30 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: XOVES 11 DE XUÑO ÁS 7,30 DA TARDE.

Exames extraordinarios de maio. EPA

Calendario dos exames extraordinarios de maio. 1º cuadrimestre EPA e PCPI. enlace

Powered by Drupal - Design by artinet