Actividades complementarias e extraescolares

LOURIÑA TV ESCOLAR

Pedro Iglesias, técnico encargado de Louriña TV Escolar, a televisión escolar municipal do Porriño, estivo con alumnado de 3º ESO B na primeira das tres sesións do proxecto deseñado para este curso para os centros escolares do Porriño. Mestúranse elementos teóricos con elementos prácticos, e terá como producto final unha pequena montaxe realizada por Pedro co material de vídeo e audio gravado na aula mailos brutos que entregue o alumnado.

CONCURSO CARTEIS 8 MARZO

Pois xa temos carteis gañadores do concurso de carteis para conmemorar o 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Na categoría de 1º ESO - 2º ESO, o premio é para Hugo Álvarez Martínez, de 1º ESO E, que presentou:

Na categoría de 3º ESO, 4º ESO e FP  a gañadora é Belén Ocampo Falconi, de 4º ESO A, co traballo:

 

Parabéns, Hugo e Belén! Podedes recoller o voso premio en Vicedirección.

E grazas a todas e a todos por participar. Compartimos os traballos presentados:

 

 

ENTROIDO 2021

Hoxe, venres 12 de febreiro, os distintos grupos do centro foron pasando polo noso photocall. Tivemos ambientación musical con cancións elixidas por alumnas de 2º BAC.

Durante a última sesión, escoitamos as coplas gañadoras do concurso organizado por Dinamización Lingüística.

 

 

CHARLAS USC - PROGRAMA A PONTE

Esta semana tivemos charlas de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, enmarcadas no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

O martes 26 de xaneiro o alumnado de Bioloxía de 2º de BAC asistiu á charla VACINAS CONTRA O CANCRO, de Óscar Cordero Santamaría.

O mércores 27 de xaneiro o alumnado de Matemáticas I de 1º BAC A asistiu á charla DATA SCIENCE: ESTATÍSTICA E MATEMÁTICAS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, de Manuel Febrero Bande.

 

 

 

Distribuir contido