Bacharelato

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC

 

Dende o seguinte enlace podedes acceder aos

 Encontros virtuais na Zona USC

do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC:

 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Ditos encontros terán lugar os días 23, 24 e 25 de marzo.

CHARLAS USC - PROGRAMA A PONTE

Esta semana tivemos charlas de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, enmarcadas no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

O martes 26 de xaneiro o alumnado de Bioloxía de 2º de BAC asistiu á charla VACINAS CONTRA O CANCRO, de Óscar Cordero Santamaría.

O mércores 27 de xaneiro o alumnado de Matemáticas I de 1º BAC A asistiu á charla DATA SCIENCE: ESTATÍSTICA E MATEMÁTICAS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, de Manuel Febrero Bande.

 

 

 

O PINTAMUROS

O alumnado de Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato participou o día 23 de novembro na actividade ofertada polo Concello do Porriño:

"O Pintamuros", Murais colaborativos nos centros de ensino: OBRADOIRO DE GRAFITTI

(A vella escola)

 

CHARLA PROGRAMA A PONTE

O alumnado de Matemáticas e de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais de 1º e 2º de Bacharelato asistiron á charla "Data Science: Estatística e matemáticas para a sociedade da información", de Manuel Febrero Bande, profesor da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A charla pertence ao programa A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC.

 

Distribuir contido