Bacharelato

DEBUXANDO CON ARTE. Curso 2016-17

O alumnado de 2º de Bacharelato expón no recibidor do Instituto as súas creacións. A materia Específica de Debuxo Artístico, que imparte o profesor Juan Carlos Lago, estimula a creatividade, fomenta a destreza e contribue a desenvolver a sensibilidade e o sentido crítico.

Aquí quedan algunhas mostras das alumnas Ana Martínez Carril e Galia Baba Chamah.

          

A PONTE COA USC 2017

2017-02-07 08:45
2017-02-07 19:00
Europe/Madrid

O martes, 7 de febreiro, o alumnado de 1º de bacharelato A, B, C, visitou a Universidade de Santiago de Compostela.

Percorreron as distintas facultades onde se imparte unha gran variedade de graos, co obxectivo de que o alumnado de bacharelato vaia orientando a súa continuidade académica.

  Profesorado acompañante: Sonia Domínguez, Maite Troncoso, Maite Saiz, Dori Castro.

O alumnado visitando o Paraninfo da facultade de Xeografía e Historia

O alumnado de 1º de bacharelato segue atentamente as explicacións na biblioteca americana de Fonseca.

 

50 aniversario: A MEDIACIÓN COMO FERRAMENTA DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. A SÚA APLICACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO

2017-01-31 18:30
2017-01-31 20:00
Europe/Madrid

CONFERENCIA

A mediación como ferramenta de resolución de conflitos. A súa aplicación no ámbito educativo.

DÍA: MARTES, 31 DE XANEIRO

HORA: 18:30h

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

INTERVEÑEN:

Julio César Díaz, Xuiz no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Blanca Otero, membro de Medyarb (Vigo)

Mª Carmen Lorenzo, Psicóloga e Orientadora

Mercedes Díaz, enxeñeira experta en mediación escolar.

INVÍTASE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

VEN A COÑECER A UNIVERSIDADE DE VIGO

2017-01-26 08:45
2017-01-26 14:30
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de bacharelato terá a oportunidade de realizar talleres vinculados ao grado que ten pensado estudar.

1ª Xornada Orientación Universitaria na UVigo. COÑECER, VALORAR, DECIDIR.

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Pino Manso, terá a oportunidade de compartir con alumnos doutros centros educativos, unha xornada nas instalacións da Universidade de Vigo. Haberá talleres organizados para coñecer os diferentes graos que se imparten nas facultades.

DÍA: 26 de xaneiro

HORA: 08:45-14:30h

A RELIXIÓN XUDÍA NA ORIXE DO CRISTIANISMO

O alumndo de 1º de bacharelato de Relixión Católica investiga sobre o Xudaismo

Comproba neste vídeo o seu rigoroso traballo

Distribuir contido