PAUTAS XERAIS PARA A AULA QUE FAVORECEN A CONVIVENCIA

  • Manter ocupados aos alumnos, pois o que máis indisciplina e mal comportamento xenera é a falta de traballo e actividade.
  • Estar ao tanto dos problemas particulares dos alumnos, para poder orientalos. Deste xeito terán confianza en nós e poderemos esixirlles respeto e educación.
  • Achegarse aos alumnos de xeito amigable, tanto dentro como fora da clase. Se imos con ameazas o máis lóxico e que fuxa ou se esconda na mentira.
  • Ser firmes nas amonestacións e nos castigos, cando sexa preciso facelo, pero procurando non ferir o amor propio, a autoestima, e  aplicándoas en privado sempre que sexa posible.
  • Ser coherente e non xustificar as posible incoherencias ou erros nos que podemos caer, non lles podemos pedir a eles o que nós non cumprimos.
  • Manter un ambiente amable e cordial na clase en situacións normais, pero firme cando sexa preciso.
  • Manter e cumprir a sanción aplicada, procurando a reflexión e explicando o motivo da sanción.
  • evitar facer ameazas que logo non se podan cumprir.
  • Non actuar en momentos de descontrol ou ira.
  • Localizar aos líderes do grupo para que colaboren na disciplina da aula.
  • Non sancionar a todo o grupo pola conduta duns poucos.
  • Ser sinceros e francos cos rapaces, debatendo con eles as formas de comportamento non desexables. Deixar que falen con respecto, naturalidade e responsabilidade co obxectivo de lograr unha mellor interacción profesor-alumno.