No DOG do venres, 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia
Acceso á aplicación fondolibros
O PRAZO para presentar solicitudes INICIARASE o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (día 19 de maio de 2023) e REMATARÁ o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED33OB-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros, a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentar solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
ANEXO I
ANEXO II
INFÓRMASE QUE NO CURSO 2023/24 O CENTRO ESTÁ INCLUÍDO NO PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL) PARA TODOS OS CURSOS DA ESO. O alumnado destes cursos está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos na orde.