Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Parlamento de Galicia

14/12/2022 10:00

O alumnado de 3º da ESO realizará unha visita ao Parlamento de Galicia

 

Luz ó deporte

14/12/2022 11:30

O alumnado de 4º da ESO e 1º Ciclo de Informática de Oficina acudirán á charla impartida por Erik e Sergi Quintela.

LUZ Ó DEPORTE CON SARA ÁLVAREZ

Sara Álvarez, judoka campeona de España 14 veces, é un bo exemplo de superación. Ante as adversidades nunca se deixou vencer pero, polo que puidera pasar, sempre tiña tamén un plan “B”.

.Foto Sara Álvarez.Foto Sara
.Sara Álvarez con algunhas das ali¡umnas.Foto con alumnas

Gozando do magosto

O pasado venres gozamos dunha agradable xornada co alumnado de 1º de ESO organizada polo Equipo de Convivencia, coa que se pretendía reforzar o vínculo entre as alumnas e alumnos que se incorporaron ao centro no presente curso.
Nesta xornada, tanto as rapazas e rapaces como o profesorado, realizaron varios xogos ao aire libre, no ximnasio e na biblioteca do centro, rematando a mesma coa degustación dun magosto.

XimnasioMagosto

Patio
Biblioteca

Spooky selfie contest

Grazas a todos os alumnos de 1º e 2º da ESO por participar; e noraboa aos gañadores!!

Spooky selfie contest

 

Storyteller

25/11/2022 08:45
25/11/2022 12:30

Os alumnos da ESO participarán nunha actividade complementaria co fin de reforzar a comprensión oral na lingua inglesa.

Lugar: salón de actos do centro. 

Horarios:

1º ESO (8:45-9:35)

2º ESO ( 9:35-10:25)

3º ESO (10:25-11:15)

4º ESO (11:40-12:30)

Luz ó deporte: Sara Álvarez Folgueira

14/11/2022 11:15
14/11/2022 13:20

Alumnado de 1º e 2º da ESO acudirá á charla de Sara Álvarez Folgueira.

Saída: 11.15

Regreso: 13.20 (aproximadamente)

A moda no Imperio Romano

O pasado venres 21 de outubro as alumnas do CS Asesoría en Imaxe Persoal e Corporativa asistiron a unha charla impartida por Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial, quen explicou as características da vestimenta no Imperio Romano. 

Foto charlaFoto charla 2

LUZ Ó DEPORTE: TITO MARGARIDE

Tito Margaride, atleta olímpico e paralímpico, é un auténtico exemplo de superación. Co seu testimonio anímanos a facer fronte aos obstáculos da vida e a non rendernos, porque, como el mesmo nos di: "se realmente queres algo, atopas a maneira de logralo"

Foto charlaFoto charla 

OBRADOIRO DE CONTACONTOS CON PAULA CARBALLEIRA

09/11/2022 12:30

Obradoiro de contacontos con Paula Carballeira

Lugar: salón de actos.

Horario: 12:30

Asiste: alumnado 2º ESO e gañadores do concurso de contos de Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut