Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

APRENDENDO NO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

O día 23 de novembro, os alumnos de 4º de ESO, de tecnoloxía e física e química, aprenderon disfrutando da importancia do uso racional da enerxía eléctrica e da eficiencia enerxética, visitando o parque eólico de Sotavento, na “Serra da Loba” en Xermade-Lugo.

*Queredes aumentalas?

vídeo e mais fotos 

VISITA CEI-NODUS

O día 21 de Novembro o alumnado de 2º curso dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Asistencia á Dirección, visitaron as instalacións do Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) de Lugo, onde recibiron toda clase de información sobre os seus programas de apoio para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

PROGRAMACIÓN 25 N

"SPOOKY SELFIE" EN HALLOWEEN

A semana pasada o Departamento de Inglés elixiu os mellores selfies dos alumnos que participaron no concurso "Spooky Selfie" para celebrar Halloween.

Os gañadores foron os nosos alumnos de 1º ESO: Noha O Morchid Ftouh: 1º  premio;Aroa Fernández Fernández: 2º premio e Sami Attouch: 3º premio.
Todos eles recibiron un vale para canxear por material escolar nun comercio da zona.
Desde o departamento de inglés agradecemos a súa participación e a colaboración da súa profesora, Ana Seijas.

*Premede nas imaxes e descubriredes.

VEREDICTO CALENDARIO 24 " O ANO DAS CULTURAS DO MUNDO"

O 9 de novembro tivo lugar a entrega de premios do certame de imaxes para o Calendario do ano 2024 que leva por título "O ano das culturas do mundo". O noso agradecemento e parabéns a todos os alumnos participantes, que verán reflexadas as súas imaxes no novo calendario e aos profesores que colaboraron na selección das mesmas e no veredicto do concurso, seleccionando como 1º Premio a imaxe “Beleza” de Jannatul Nahim; 2º premio “Cultura mariñeira” de Daniel Iglesias; 3º Premio “Atopándonos” de Raquel Cordeiro. Axiña veredes o marabilloso resultado coa colaboración, na maquetación, dos alumnos de 1º INFOFI, coordinados pola profesora Iris Amado.

FOMOS AO TEATRO!!

O día 7 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiu á representación teatral Belcebú, que é moito máis ca unha simple obra teatral… Resulta moi interesante que aborde o problema do acoso escolar desde a perspectiva tanto do acosado  coma do acosador, porque -como  nos acaban de amosar- ambos poden ser vítimas, e sen ter culpa ningunha. Pero, ademais pode ser moi útil, en tanto que ofrece consellos e estratexias para facer fronte ao acoso e axudar os implicados.

Se tedes ocasión de asistir a esta función non a desaproveitedes , e entenderedes moito mellor o emocionados que acabamos de saír da representación.

VISITA A EXPOURENSE

Visita realizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección o día 2/11/2023 a Expourense, con motivo da 24ª edición da Feira Internacional Xantar, na que puideron comprobar de xeito práctico a realización dun evento corporativo, presenza de stands, transmisión da imaxe corporativa das empresas, etc.

 

XOGOS NO MAGOSTO

O pasado martes 31 o alumnado de 1º de ESO desfrutou dunha entretida xornada   organizada polo Equipo de Convivencia, na que  participaron, coa axuda do profesorado, en varias actividades ao aire libre, xogos no pavillón e no patio, kahoots  do Samaín na biblioteca e para rematar, que mellor ca un MAGOSTO!!

 Preme nas imaxes!!

O SAMAÍN DO MURALLA ROMANA

O Muralla Romana converteuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos/as!

Se premes nas imaxes veralas mellor!!

O SAMAÍN DO MURALLA ROMANA

O Muralla Romana convertiuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos!

   
  Preme nas imaxes e veralas mellor 
Distribuir contido


by Dr. Radut