Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

EQUIPO DE RADIOFRECUENCIA DE CAPENERGY MEDICAL

09/05/2022 09:30
09/05/2022 14:30

O alumnado de 1ºESIMBE recibirá unha formación sobre as indicacións e protocolos do uso do equipo de radiofrecuencia de Capenergy medical. 

RELATORES: José Martínez Pérez e Encarnación Bernabé Pérez

HORARIO: 9:30h- 14:30h

LUGAR: taller 1

ACHEGANDO A DIVERSIDADE AO NOSO CENTRO: ASPACE LUGO

Lucía Martínez, traballadora social de  ASPACE e Fernanda Arrojo, presidenta desta asociación, visitaron o noso alumnado de 1º de FPB de INFOFI para ofrecerlles unha visión da realidade da diversidade funcional, o seu día a día e as actividades que realizan na entidade co obxectivo de sensibilizar e concienciar o alumnado de vidas diferentes con capacidades diferentes. Nunha primeira sesión achegáronnos ao que é a parálise cerebral, levando a cabo un intercambio de ideas sobre os mitos e estereotipos, preguntas e debete e, posteriormente, Fernanda explicoulle ao alumnado a súa historia de vida.  

Lucía e Fernanda       Foto

 

OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2022

Ás 10:00h os participantes de 2ºESO na XXIII Olimpíada matemática Galega 2022, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema), saíron do centro-acompañados pola profesora- en dirección ao Círculo das Artes para enfrontarse ao reto de resolver cinco problemas. 

 antes   despois

Gozaron realizando a proba, iso xa é UN PREMIO. PARABÉNS! 

Agardamos volver informar o día 26 de maio. 

 

VISITA A CELANOVA

O alumnado de 3ºESO achegouse ata a vila de Celanova para realizar a  a ruta literaria de Curros, coñecer o Mosteiro de San Salvador, escoitar o órgano no coro alto e desprazarse ata Vilanova dos Infantes. Pola tarde visitaron as Termas de Outariz. 

Premendo na foto veredes máis imaxes da viaxe. 

foto de grupo

PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DE ENREDANDO CO GALEGO

Hoxe asistimos no salón de actos do centro á presentación dunha nova edición de #EnredandoCoGalego, actividade na que o alumnado amosará nas súas creacións literarias que a lingua galega "está para quedar". 

momento da actuación momento da actuación momento da actuación

Grazas a Anxo, Lois e Rubén por volver ao centro, e tamén a Leo Arremecaghona por facernos gozar da súa música e das letras das súas cancións. 

 

COÑECEMOS OUTRAS REALIDADES

22/04/2022 08:45
22/04/2022 10:25

Coñecemos outras realidades. Achegámonos á diversidade funcional, dinámicas de empatía e historias de vida. 

A actividade será impartida por profesionais de ASPACE (Lugo): Lucía, traballadora social e Paula, terapeuta ocupacional. E volveremos contar coa presenza de Fernada Arrojo. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1ºINFOFI.

 

OLIMPÍADA MATEMÁTICA

21/04/2022 10:00
21/04/2022 13:00

Alumnado de 2ºESO participará na Olimpíada de matemáticas que se celebrará en Lugo o xoves día 21 de abril. 

Saída do centro ás 10:00h

PRESENTACIÓN DE #EnredandoCoGalego

19/04/2022 10:25
19/04/2022 11:15

Lois Pérez e Anxo Lamelo presentarán a actividade #EnredandoCoGalego. 

DÍA: 19 DE ABRIL

HORARIO: 10:25H- 11:15H.

ASITENTES: 2ºESO A_B_C.

LUGAR: Salón de actos

VISITA EXPOCOSMÉTICA EN OPORTO.

O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitou a feira Expo cosmética en Oporto.

Neste evento coñeceron produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética, e, aínda así, deulles tempo para realizar un breve percorrido pola cidade compartindo experiencias inesquecibles. 

 foto  fotos 

 

 

VIAXE DE ESTUDOS A BARCELONA

Os/as alumnos/as de 4ºESO e 1ºBAC realizan a súa viaxe de estudos a Barcelona dende o día 3 de abril ata o nove. 

Sabemos que están gozando das marabillas que lles achega esta cidade e que sacarán partido a todo o programa previsto.  

foto grupo

Este álbum irá actualizándose. 

FELIZ ESTANCIA!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut