Skip to Content

CONCURSO FASE REXIONAL PROGRAMAME

Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés foron os integrantes do equipo Final Short Celtas do IES Muralla Romana, que acaban de conseguir o primeiro posto na fase rexional do torneo ProgramaMe, campionato a nivel nacional, tras resolver todos os algoritmos en 45 minutos menos do tempo dispoñible. A principios de xuño mediranse cos 20 mellores equipos de toda España.

Foron seis equipos de tres integrantes cada un, coordinados polo profesor Alberto Barreira (catro de DAM e dous de DAM dual). Destacar tamén que o  equipo de 1º DAM ordinario formado por Brais López, Arturo López e Guillermo García, logrou un meritorio posto, para o que o traballo en equipo foi decisivo.

Parabéns moi merecidos a todos!!

 

  *https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/programadores-lugo-arrasan-pruebas-final-madrid/202404101249511746246.html

CALENDARIO EXAMES PENDENTES ESO E BACH

EXCURSIÓN 4º ESO-1º BACH: TARRAGONA-BARCELONA-PIRENEO

O alumnado de 4º de ESO e 1º BACH acaba de regresar dunha inesquecible e aventureira excursión: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=lastup&cat=16

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (CURSO 2023-2024)

Documento informativo - AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO, en pdfAVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Na Educación Secundaria Obrigatoria vai dirixida ao alumnado de 2º curso.

Realizarase durante os días 10 e 11 de abril de 2024.

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística.

Máis información 

FASE CLASIFICATORIA PARLAMENTO XOVE MODALIDADE BACH

O día 16 de marzo as nosas alumnas de 1º de BACH, Silvia Basanta, Laura García, Carla Gómez e Sara Pico, alcanzaron un ben merecido segundo posto na fase clasificatoria da liga de debate do Parlamento Xove, baseado nunha competición na que os diversos equipos debaterían sobre o tema formulado pola organización  (Regulación da IA por parte dos estados). A dificultade da actividade estivo en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procedeu ó sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, da cuestión formulada.

Parabéns ás alumnas e como non,unha vez máis, ó seu profesor Xulio González!

GRADUACIÓN DOS CICLOS PROFESIONAIS: PROMOCIÓN 22-24

O venres 15 de marzo asistimos á graduación dalgúns dos ciclos profesionais do noso instituto. Parabéns a todas e todos!

*Para ver máis

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4ºESO e de 2ºBAC

Logo ComDixPublicadas instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2ºBAC na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Resumo da información do proceso de acreditación

Anexo IV - solicitude de participación nas probas (entregar asinado antes do 15 de marzo)

Máis información:

 www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Participación do IES Muralla Romana no concurso PARLAMENTO XOVE

O sábado 9 de marzo a participación dos alumnos de 4º de ESO, do IES Muralla Romana, Carme Casanova, Antía Núñez, Pablo Dorado e David Pereira, na fase clasificatoria do concurso de debate do Parlamento Xove foi todo un éxito, co tema: "Os estados deben tomar medidas para o control da intelixencia artificial?" acadando un 3º posto en dita fase, na categoría de ESO do Parlamento Xove 2024, celebrada en O Carballiño (Ourense)

Parabéns ós participantes no concurso e ó seu coordinador, o profesor Xulio González Teijeiro!

 **Achegamos as ligazóns da fase clasificatoria en  streaming:

  SALA A: https://www.youtube.com/live/MspWTR73BhM?si=VNJEk_9SH5SMUzDT
  SALA B: https://www.youtube.com/live/U1Bme7_GTWI?si=ZOaARxigRBpHHTIr
  SALA C: https://www.youtube.com/live/IHFk6m1wlnc?si=DJWnP4tAeVFzI_Y8

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O alumnado de latín asistiu, o pasado 28 de febreiro,  a unha nova edición do Festival Grecolatino, no que se representou a comedia "Anfitrión" de Plauto, a cargo do Grupo Noite Bohemia.

Distribuir contido


by Dr. Radut