Skip to Content

EDUexcelencia

Nesta modalidade participaron ademais da docente e coordinadora Sonia González Varela o Departamento de Orientación, con funcións de acompañamento e apoio, o Departamento de Ciencias e a Biblioteca.

Respecto ao alumnado, despois de consultar á xunta de avaliación e ao Departamento de Orientación, realizouse unha proposta de estudantes susceptibles de participar no programa. Para a proposta de estudantes tamén tivemos en conta aqueles nenos e nenas que participaron no programa en pasadas edicións e mostraron interese en participar novamente. O programa estivo aberto a todo o alumnado que mostrou interese en participar.

As actividades comezaron en setembro e estendéronse ata xuño. Sdemais de participar o grupo de estudantes previstos (3º ESO) tamén participaron estudantes de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO, 1º BAC e FP.

En xeral os obxectivos cumpríronse, especialmente os relacionados coa mellora da calidade da ensinanza; atención a alumnado con necesidades educativas por altas capacidades; desenvolvemento dos intereses, da motivación e da autoestima; desenvolvemento persoal e xestión das emocións; fomento do talento; mellora das competencias clave e habilidades para o século XXI e promoción da equidade e a igualdade. 

Desenvolvimos diferentes  proxectos que se organizaron segundo o Modelo SEM (siglas que corresponden a School Enrichment Model ou modelo de enriquecemento escolar). As actividades partiron dos intereses do alumnado e a docente asumiu un rol de facilitadora. As funcións principais da docente foron: motivar aos estudantes, achegar os recursos necesarios para a realización dos proxectos, prestar axuda nas dificultades, promover a reflexión e animar a afondar nos procesos e acadar o máximo potencial. 

As principais accións desenvolvidas foron:

  • Proxecto artístico de desenvolvemento do estilo persoal: creación, edición, publicación e presentación do libro “Nuestros sueños”. En formato papel o libro está dispoñible na biblioteca do centro e en formato dixital pódese descargar na iBookstore. Neste proxecto participaron alumnas de 4º de ESO da materia Educación Plástica, Visual e Audiovisual. As actividades desenvolvéronse no Taller de Debuxo e o libro presentóuse na biblioteca en colaboración co Equipo de Biblioteca.
  • Sesións de aprendizaxe de linguaxe de programación Swift co programa Swiftplayground no que participaron estudantes de 1º ESO durante os recreos no Taller de Debuxo e no que se utilizaron iPads.
  • Proxecto Cuaderno Científico no que participou o grupo completo de estudantes de 1º ESO A en colaboración co Departamento de Artes e o de Ciencias. Realizouse unha entrega de premios con dous premios e tres accésits. 
  • Proxecto Disfraces Anatómicos no que participaron estudantes de 1º BAC en colaboración co Departamento de Artes e o de Ciencias no Taller de Debuxo. 
  • Proxecto de desenvolvemento dos intereses do alumnado: Torneo de fútbol. Organizado por estudantes de 3º ESO dentro da materia Proxecto Competencial e no que participaron estudantes de toda a ESO e BAC. Utilizouse o Taller de Debuxo para as actividades organizativas e o Pavillón de Deportes para as actividades deportivas. Realizouse unha entrega de premios e unha merenda saudable para os finalistas. 
  • Proxecto de desenvolvemento dos intereses do alumnado: Torneo de Xadrez. Organizado por estudantes de 3º ESO dentro da materia Proxecto Competencial e no que participaron estudantes de toda a ESO, BAC e FP. Utilizouse o Taller de Debuxo para as actividades organizativas e o Laboratorio de Ciencias para as actividades. Realizouse unha entrega de premios e entregáronse camisetas conmemorativas a todos os participantes. 

 

As actividades iniciaronse en setembro e estendéronse ata final de curso, dedicáronse horas lectivas dentro da mateira Proxecto Competencial de 3º de ESO; Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO; e numerosos recreos durante todo o curso escolar. Superouse amplamente a temporalización programada, que se establecía inicialmente en 25 horas. Tamén se superou o número de estudantes participantes no que finalmente participaron estudantes de todos os niveis educativos de ESO, BAC e FP.

 

As familias puideron facer un seguimento das actividades a través das publicacións periódicas que difundimos no perfil de Facebook e de Instagram “Cerebritos Encendidos” (proxecto de muro dixital educativo coordinado pola profesora Sonia González Varela).

EDUexcelencia


page | by Dr. Radut