Skip to Content

Proxecto ríos: Río Mera (Campaña de primavera)

28/04/2017 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Proxecto Ríos. Río Mera
 Fotografías curso 2009/2010 - publicadas en Latricadas15Día:         28 de abril
Hora:
08:50 ás 11:20 ... 1ºESO-B
11:20 ás 14:20 ... 1ºESO-A / 2ºBAC
Lugar:      Río Mera
Organiza: Dpto. CCNN

 

Resumo
A actividade consistirá nun estudo superficial do estado de saúde do río Mera (nas proximidades de Astariz, entre A Malladoira e O Veral) que abranguerá o recoñecemento das árbores de ribeira, na toma de certos datos físico-químicos da auga e na mostraxe de fauna de invertebrados acuáticos.

Alumnado de 1º da ESO e de 2ºBAC que cursa CC. da terra e do medio ambiente, realizarán a segunda sesión anual do estudo dun tramo do río.

Recoméndase levar vestimenta axeitada para a realización da actividade.

Un curso máis o instituto colabora coa iniciativa Proxecto Ríos, posta en marcha pola asociación ecoloxista Adega, coa finalidade de que todos nos concienciemos de que hai que coidar os nosos ríos. O programa está destinado a todos os que o desexen, pero son os estudantes os que máis se involucran nesta actividade.

A saída para facer un estudo de campo non deixa de ser unha actividade didáctica pero dun xeito máis directo e entretido que unha clase normal. As experiencias son complementarias ao que aprenden na aula, pero moito máis participativas e activas.

Para a realización da Inspección de Ríos, cada grupo ou persoa participante selecciona un ou varios tramos de 500 m do río escollido. O noso centro ocúpase de aproximadamente un km, case o último tramo do río Mera.

Primeiro debúxase o treito do río e as súas beiras e despois comezan as análises máis pormenorizadas de características e estado, con apoio do material proporcionado polo proxecto.

Análise da augaParámetros que anotan:
- Velocidade de auga, caudal, tamaño da canle etc...
- Descrición física
- Características e estado do bosque da ribeira
- Construcións. Sumidoiros, etc
- Análise da auga
- Fauna e Flora

Para as análises escóllese un punto de mostra, que abrangue uns 10 metros por 10 e é onde se fan diferentes análises. Por un lado realízanse análises físico-químicos de cal, temperatura, turbidez, ph, nitratos, velocidade da auga, etc. e por outro lado, tamén se realiza unha análise da calidade da auga.

Unha vez feita a avaliación, cubren unhas follas resumo da inspección que se envían á sede do proxecto, para a elaboración dos informes sobre o estado dos ecosistemas fluviais galegos.


Recomendamos visitar:

Blog Proxecto Ríos do IES Muralla Romana

 



event | by Dr. Radut