Skip to Content

KTORCE 18 Programa de prevención de condutas infractoras

25/04/2016 16:20
25/04/2016 18:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: KTORCE 18 Programa de prevención de condutas infractoras
 

Día:         25 de abril
Hora:       16:20-18:00
Organiza: Dpto. Orientación
Para:      2º ESO A, B e ACC
  FP Básica (1ºPEIEST e 1ºINFOFI)
Lugar:      Salón de actos

KTORCE 18 é un programa de prevención de condutas infractoras, posto en marcha pola Asociación ARELA e conta coa colaboración da Fundación Barrié.
 
Mediante unha charla divulgativa (de 100') informarán ao alumnado acerca da Lei 5/2000 (Lei do Menor), reguladora da responsabilidade penal dos menores.  Cun claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, e que tratan de explicar as consecuencias legais das mesmas, dende o punto de vista punitivo e como forma de mellorar a convivencia nas aulas; facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar, … e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.


Máis información

 



event | by Dr. Radut