Últimas Novas

NOVOS PROTOCOLOS DE XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN CENTROS.

18/01/2022 13:15
Europe/Madrid

Novos protocolos de xetión epidemiolóxica en centros educativos, publicados polo Ministerio de Sanidade.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado ese tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio di illamento.
  • Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require proba algunha para a reincorporación ao centro.
  • Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
  • A definición de contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos que teña a consideración de contacto estreito, seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.
  • Ante a agrupación de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período)

Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022

Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0

Adapatación de la estrategia de detección precoz, vigilancia y control de COVID-19 en período de alta transmisión comunitaria.

 

 

Menú xaneiro 2022

10/01/2022 16:04
Europe/Madrid

INICIO DE CURSO 21-22

30/08/2022
Europe/Madrid

INICIO CURSO 21-22

Presentación escalonada

 CURSO DATA HORA
 1º ESO
 Xoves 8 de setembro  12:00h
 1º, 2º, 3º e 4º ESO  Venres 9 de setembro  08:30h
     

-Haberá servizo de comedor e transporte. O percorrido do transporte escolar comeza media hora antes do inicio da presentación

-Recordade que este curso escolar, por mor da volta á normalidade pospandemia volvemos ao horario antiguo, o servizo comedor realízase nunha soa quenda e o transporte do alumnado do IES O Mosteirón sairá as 14:45h todos os días, agás o luns que sairá as 17:00h.

-O alumnado traerá unha libreta e un bolígrafo para a presentación.

Queres coñecer o noso centro?

16/02/2022
Europe/Madrid

O próximo 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión para alumnado de centros non adscritos.

QUERES COÑECER O NOSO CENTRO????

 

Podes visitalo entre o 21 de febreiro e o 21de marzo

Solicitude de cita previa a través do noso teléfono ou do noso correo electrónico:

 

881880949

ies.mosteiron@edu.xunta.gal

Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23

22/02/2022
Europe/Madrid

O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.

Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.

Día Internacional da saída do armario

11/10/2022 23:49
Europe/Madrid

Hoxe celebramos no noso centro o Día Internacional da saída do armario. Con motivo dun día tan importante, expóñense na biblioteca uns libros de temática inclusiva LGBT+ para animar ao alumnado a saber un pouco máis sobre este tema.

 

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DA PELÍCULA "DA MADEIRA AO MAR"

19/06/2022 21:13
Europe/Madrid

PREMIER DA PELÍCULA DE 4º DE ESO

O venres 17 de xuño, o alumnado de 4º da ESO presentamos a nosa película "Da madeira ao mar", no salón teatro de Santiago xunto a outros 3 centros de Galicia. Catro documentais realizados dentro do Plan Proxecta deste curso. A nosa película fala de Pepe, o carpinteiro de ribeira de Lorbé e da actividade no peirao.

Foi unha mañán moi especial, na que puidemos ver o noso documental en pantalla grande  acompañados polas profesoras e coordinadores deste proxecto, por cineastas entre os que se atopaba Otto -que nos acompañou ao longo deste curso-, e os rapaces dos outros centros.

Esta presentación en Santiago é o colofón de moito traballo e moito tempo adicado non só a crear a nosa película - documentación, guión, rodaxe, montaxe - senón tamén a aprender a abrir a mirada e observar o que nos rodea con máis curiosidade e con máis calma a través dos visionados de recoñecidos cineastas. Tamén fixémonos conscentes do valor patrimonial que temos tan cerca de casa e que descoñecíamos.

Pronto compartiremos a nosa película con todos vós.

 

 

 

 

Distribuir contido